Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 88 Martes, 9 de maio de 2017 Páx. 22627

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio

ANUNCIO do 18 de abril de 2017, da Dirección Xeral de Ordenación do Territorio e Urbanismo, polo que se empraza a interesada para ser notificada por comparecencia no expediente en materia de responsabilidade patrimonial RP/16/00465.

De conformidade co disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, logo de intentada a notificación persoal dúas veces, emprázase a Noemí Gestosa Álvarez para ser notificada por comparecencia, segundo o disposto no artigo 46, do acto ditado pola directora xeral de Ordenación do Territorio e Urbanismo de xustificante de recepción da solicitude de reclamación de responsabilidade patrimonial adoptado no expediente RP/16/00465.

A comparecencia deberase efectuar, no prazo de dez (10) días, contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio, na Dirección Xeral de Ordenación do Territorio e Urbanismo, situado no Edificio Administrativo de San Caetano, s/n, en Santiago de Compostela, A Coruña, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres.

Transcorrido o devandito prazo sen efectuase a comparecencia, a notificación entenderase producida o día seguinte ao da publicación deste anuncio no Boletín Oficial del Estado.

A eficacia do presente anuncio queda supeditada á súa publicación no taboleiro de edictos único do Boletín Oficial del Estado.

Santiago de Compostela, 18 de abril de 2017

María Encarnación Rivas Díaz
Directora xeral de Ordenación do Territorio e Urbanismo