Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 87 Luns, 8 de maio de 2017 Páx. 22426

V. Administración de xustiza

Audiencia Provincial de Pontevedra (Sección Primeira)

EDICTO (435/2016).

No presente recurso de apelación (LECN) número 435/2016, seguido por instancia de Marina Llorca Lis fronte a Hertohu, S.L. e outros, dimanante do procedemento ordinario número 711/2014 do Xulgado de Primeira Instancia número 4 de Pontevedra, ditouse sentenza, cuxo tenor literal é o seguinte:

«A Sección Primeira da Audiencia Provincial de Pontevedra, composta polos maxistrados Francisco Javier Valdés Garrido, María Begoña Rodríguez González e Jacinto José Pérez Benítez, ditou en nome do rei a seguinte sentencia número 429.

Pontevedra, 22 de setembro de 2016.

Visto en grao de apelación ante esta Sección Primeira da Audiencia Provincial de Pontevedra, os autos de procedemento ordinario 711/2014, procedentes do Xulgado de Primeira Instancia número 4 de Pontevedra, aos que correspondeu o rolo número 435/2016, nos que aparece como parte apelante-demandante Marina Llorca Lis, representada pola procuradora María Mercedes Pereiro Domínguez, e asistida polo letrado Enrique Alfredo Costas Mira, e como parte apelada-demandada: Distribuciones Froiz; Generali España, S.A., representada polo procurador Pedro Antonio López López, e asistida polo letrado Ramón Jaudenes López de Castro; Hertotu, S.L., en rebeldía, e sendo relatora o maxistrado Francisco Javier Valdés Garrido, quen expresa o parecer da sala.

Seguen antecedentes de feito e fundamentos xurídicos.

Fallamos:

Desestímase o recurso de apelación e confírmase a sentenza de instancia impugnada; todo iso con expresa imposición á actora recorrente das custas procesuais da presente alzada.

Así por esta nosa sentenza, pronunciámolo, mándomolo e asinámolo».

Seguen as rúbricas. Certifico.

E atopándose devandita demandada, Hertohu, S.L., en paradoiro descoñecido, e para que así conste e remítase ao Diario Oficial de Galicia, expídese o presente co fin que sirva de notificación en forma ao mesmo. Faise constar que a demandante goza do beneficio de xustiza gratuíta.

Pontevedra, 4 de novembro de 2016

A letrada da Administración de xustiza