Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 87 Luns, 8 de maio de 2017 Páx. 22428

V. Administración de xustiza

Audiencia Provincial de Pontevedra (Sección Primeira)

EDICTO (110/2017).

Neste recurso de apelación civil (LACN) número 110/2017, seguido por instancia de Ada de la Caridad López Gutiérrez contra Edgar Haedo Portales, dimanante de modificación de medidas do suposto contencioso número 35/2016, do Xulgado de Instrución número 3 de Pontevedra, ditouse sentenza cuxo teor literal é o seguinte:

«A Sección Primeira da Audiencia Provincial de Pontevedra, composta polos maxistrados:

Francisco Javier Valdés Garrido.

María Begoña Rodríguez González.

Jacinto José Pérez Benítez.

Ditou en nome do rei a seguinte sentenza número 127.

En Pontevedra o 17 de marzo de 2017.

Vistos en grao de apelación ante a Sección Primeira da Audiencia Provincial de Pontevedra os autos de procedemento de modificación de medidas número 35/2016, procedentes do Xulgado de Primeira Instancia número 3 de Pontevedra, aos cales correspondeu a peza número 110/2017, en que aparece como parte apelante-demandante Ada de la Caridad López Gutiérrez, representada pola procuradora Manuela Soto Silva e asistida polo letrado Antonio Calvar Carballo Pérez, e como parte apelada Edgar Haedo Portales, en rebeldía, e Ministerio Fiscal, e sendo relatora a maxistrada María Begoña Rodríguez González, quen expresa o parecer da Sala.

Seguen antecedentes de feito e fundamentos xurídicos.

Resolvemos que, estimando parcialmente o recurso de apelación formulado por Ada de la Caridad López Gutiérrez, se pretende a revogación da sentenza ditada nos autos de xuízo sobre modificación de medidas número 35/2016 polo Xulgado de Instrución número 3 de Pontevedra, debémola revogar e revogámola no sentido de estimar parcialmente a demanda interposta por ela contra Edgar Haedo Portales, declarado en rebeldía, con intervención do Ministerio Fiscal, procedendo á privación da patria potestade sobre a menor, Uxía Haedo López, por parte do seu proxenitor e sen facer especial pronunciamento en canto ás custas de ambas as instancias.

Así o acordan, mandan e asinan os maxistrados que compoñen esta sala; presidente Francisco Javier Valdés Garrido, e María Begoña Rodríguez González.

Seguen as rúbricas. Certifico».

Ao encontrarse o devandito demandado, Edgar Haedo Portales, en paradoiro descoñecido, e para que así conste e se remita ao Diario Oficial de Galicia, expídese este edicto co fin que lle sirva de notificación en forma.

Faise constar que a demandante goza do beneficio de xustiza gratuíta.

Pontevedra, 23 de marzo de 2017

A letrada da Administración de xustiza