Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 87 Luns, 8 de maio de 2017 Páx. 22495

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Medio Rural

ANUNCIO do 25 de abril de 2017, da Dirección Xeral de Ordenación Forestal, polo que se notifica a resolución do recurso de alzada correspondente ao expediente sancionador INC-CO-0092/2015-BIO.

De conformidade co disposto nos artigos 59.5 e 61 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (BOE núm. 285, do 27 de novembro), logo de ser intentada sen éxito a notificación persoal a través do servizo de Correos, notifícase á persoa interesada que se sinala no anexo deste anuncio a resolución do recurso de alzada do expediente sancionador INC-CO-0092/2015-BIO.

A eficacia do acto queda supeditada á súa publicación no taboleiro de edictos único do Boletín Oficial del Estado, polo que o prazo para presentar o recurso se computará desde esa publicación.

A persoa interesada poderá comparecer nas oficinas do Servizo de Programación e Planificación Preventiva da Dirección Xeral de Ordenación Forestal da Consellería do Medio Rural, sitas en San Lázaro, s/n, 15781 Santiago de Compostela, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres, para o coñecemento íntegro da resolución e constancia de tal coñecemento.

Contra a resolución do expediente de referencia, que pon fin á vía administrativa, poderá a persoa interesada interpoñer recurso contencioso-administrativo no prazo de dous meses contados a partír do día seguinte á presente notificación, de acordo co disposto no artigo 46.1 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa, á súa elección, ben ante o xulgado do contencioso-administrativo en que o interesado teña o seu domicilio, ben ante o Xulgado do Contencioso-Administrativo da Coruña, segundo o disposto nos artigos 8 e 14 da Lei 29/1998, do 13 de xullo.

Santiago de Compostela, 25 de abril de 2017

Tomás Fernández-Couto Juanas
Director xeral de Ordenación Forestal

ANEXO

Expediente: INC-CO-0092/2015-BIO.

Persoa interesada: Josefa Naveira Fernández.

Acto de notificación: resolución recurso de alzada.

Último enderezo coñecido: lg. da Campiña, 30-Lubre, 15165 Bergondo (A Coruña).