Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 87 Luns, 8 de maio de 2017 Páx. 22497

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Mar

RESOLUCIÓN do 12 de abril de 2017 pola que se anuncia a contratación dos servizos de operación e mantemento de dous helicópteros para a prestación do servizo de salvamento marítimo de Galicia (expediente 5/2017).

1. Entidade adxudicadora.

a) Organismo: Consellería do Mar.

b) Dependencia que tramita o expediente: Servizo de Contratación e Réxime Patrimonial.

2. Obxecto do contrato.

a) Tipo: contrato de servizos.

b) Descrición do obxecto: operación e mantemento de dous helicópteros para a prestación do servizo de salvamento marítimo de Galicia.

c) División por lotes e número: non.

d) Prazo de execución: desde o 1.11.2017 ata o 31.10.2021.

e) Admisión de prórroga: si.

f) CPV: 60443000-5.

3. Tramitación e procedemento de adxudicación: ordinaria, aberto e suxeito a regulación harmonizada.

Criterios de adxudicación: os indicados no cadro de criterios de adxudicación do prego de cláusulas administrativas particulares.

4. Orzamento de licitación.

Importe neto: 26.012.000 € (exento de IVE), cuxa distribución por anualidades se indica no prego de cláusulas administrativas particulares.

Valor estimado: 40.008.000 €.

5. Financiamento: fondos propios.

6. Requisitos específicos do contratista.

Solvencia económica e financeira e solvencia técnica e profesional: segundo o disposto na alínea F do cadro de características.

7. Garantía exixida: definitiva: 5 % do orzamento de licitación, excluído o IVE (importe de 1.300.600 €).

8. Obtención de documentación e información.

a) Entidade: Secretaría Xeral Técnica da Consellería do Mar. Servizo de Contratación e Réxime Patrimonial.

b) Domicilio: Edificio Administrativo nº 5, 2º andar, Santiago de Compostela.

c) Teléfonos: 981 54 57 44/981 54 40 46 (consultas administrativas) e 981 54 40 77/981 59 70 47 (consultas técnicas).

d) Telefax: 981 54 50 03.

e) Enderezo electrónico: licitacion.mar@xunta.gal

f) Data límite de obtención de documentos e información: ata a data límite de presentación das ofertas, todos os días laborables, excepto sábados, desde as 9.00 ás 14.00 horas.

Tamén se poderán obter os pregos relativos a esta contratación a través da internet no seguinte enderezo: http://www.contratosdegalicia.es/resultado.jsp?N=148527

9. Presentación das ofertas.

a) Data límite de presentación: 22.5.2017.

b) Documentación que hai que presentar: a indicada no prego de cláusulas administrativas particulares.

c) Lugar de presentación: o único rexistro válido será a oficina de Rexistro Xeral e Información á Cidadanía da Xunta de Galicia (Edificio Administrativo de San Caetano, s/n, Santiago de Compostela, CP 15781); poderase enviar por correo dentro do prazo de admisión sinalado a este rexistro xeral. Cando a oferta se envíe por correo certificado dentro do prazo de admisión, o licitador deberá xustificar a data de imposición do envío na oficina de Correos e anunciarlle a súa remisión ao órgano de contratación mediante telegrama, fax (981 54 50 03), correo electrónico (licitacion.mar@xunta.gal), burofax ou telegrama, no mesmo día , e nun só envío.

d) Prazo no que o licitador estará obrigado a manter a súa oferta: dous (2) meses contados desde a data de apertura das proposicións.

10. Apertura das ofertas.

a) Enderezo: sala de xuntas da Secretaría Xeral Técnica da Consellería do Mar.

b) Localidade e código postal: Santiago de Compostela, 15781.

c) Data e hora: 5.6.2017 ás 12.00.

11. Gastos de publicidade: serán por conta do adxudicatario.

12. Data de envío do anuncio ao Diario Oficial de la Unión Europea: 12.4.2017.

Santiago de Compostela, 12 de abril de 2017

A conselleira do Mar
P.D. (Orde do 30.3.2012; DOG núm. 70, do 12 de abril)
(Disposición adicional novena do Decreto 177/2016, do 15 de decembro)
Mª Isabel Concheiro Rodríguez-Segade
Secretaria xeral técnica da Consellería do Mar