Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 87 Luns, 8 de maio de 2017 Páx. 22485

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Política Social

EDICTO do 24 de marzo de 2017, da Xefatura Territorial de Lugo, polo que se notifica unha resolución de recurso de alzada (expediente BS618D27031000416).

De conformidade coa disposición transitoria terceira da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, en virtude do disposto nos artigos 59.5 e 61 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, e no uso das competencias atribuídas a esta xefatura territorial, publícase, mediante este edicto, a notificación da resolución do recurso de alzada presentado pola persoa interesada relacionada no anexo ao ser devolta polo servizo de Correos, unha vez que se intentou a notificación e non se puido efectuar.

Esta resolución pon fin á vía administrativa e contra ela poderase interpor recurso contencioso-administrativo ante a xurisdición competente no prazo de dous meses contados a partir do día seguinte ao da data desta publicación no Boletín Oficial del Estado, conforme o disposto no artigo 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa, ou de forma potestativa, segundo o establecido nos artigos 123 e 124 da citada Lei 39/2015, do 1 de outubro, poderase interpor recurso de reposición no prazo dun mes, contado desde o día seguinte ao da súa publicación, ante o mesmo órgano que ditou o acto.

Así mesmo, no prazo dun mes e de acordo co referido no artigo 61 da dita Lei 30/1992, do 26 de novembro, poderá comparecer persoalmente ou debidamente representada na Xefatura Territorial da Consellería de Política Social de Lugo, Servizo de Prestacións, Inclusión e Inmigración (rolda da Muralla, 70, baixo), das 9.00 ás 14.00 horas, para os efectos do coñecemento do texto íntegro da resolución e do resto do expediente.

Lugo, 24 de marzo de 2017

Alberto Linares Fernández
Xefe territorial de Lugo

ANEXO

Apelidos e nome

DNI/NIE

Nº expediente

Resolución data

Valcárcel Falagan, María Filomena

36075234X

BS618D27031000416

Recurso desestimado 28.11.2016