Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 87 Luns, 8 de maio de 2017 Páx. 22486

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Política Social

ANUNCIO do 27 de marzo de 2017, da Xefatura Territorial da Coruña, polo que se emprazan os interesados para seren notificados por comparecencia das resolucións ditadas no procedemento BS611A.

Logo de intentar en tempo e forma a práctica das notificacións que se relacionan no anexo sen que fora posible por causas non imputables á Administración, e tendo en conta que a publicación do seu contido íntegro pode lesionar dereitos e intereses lexítimos, de conformidade coa disposición transitoria terceira da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas e en virtude do disposto nos artigos 59.5 e 61 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, por medio deste anuncio emprázase as persoas interesadas que se sinalan no anexo, ou aos seus representantes, cando o interesado non poida persoarse fisicamente, para ser notificados por comparecencia das resolucións da Xefatura Territorial da Coruña relativas a reclamacións previas á vía laboral ditadas no procedemento BS611A.

Para estes efectos, así como para coñecer o contido íntegro do acto que se notifica, os interesados, ou os seus representantes debidamente acreditados, poderán comparecer, no prazo de dez días contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio no Boletín Oficial del Estado, nas dependencias da Sección de Cualificación e Valoración de Discapacidades do Servizo de Dependencia e Autonomía Persoal da Xefatura Territorial da Consellería de Política Social, sitas no Edificio Administrativo, ala sur, Monelos, rúa Vicente Ferrer, 2, 15008 A Coruña, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres. Transcorrido o devandito prazo sen efectuarse a comparecencia, as notificacións entenderanse producidas para todos os efectos legais a partir do día seguinte ao do vencemento do prazo indicado para comparecer.

Contra esta resolución, que esgota a vía administrativa, poderá interpoñer demanda ante a xurisdición social no prazo de 30 días contados desde a recepción deste escrito, de conformidade co artigo 71.6 da Lei 36/2011, do 10 de outubro, reguladora da xurisdición social (BOE núm. 245, do 11 de outubro).

A Coruña, 27 de marzo de 2017

A xefa territorial da Coruña
P.S. (Decreto 176/2015, do 3 de decembro)
Manuel José Morán García
Xefe do Servizo de Coordinación Administrativa da Coruña

ANEXO

Contido do acto

Nº de expediente

DNI

Apelidos e nome

Resolución desestimatoria de reclamación previa de data 23.12.2016

CO213060

80089023X

Faus Lemus, Juan de Dios

Resolución desestimatoria de reclamación previa de data 16.1.2017

CO129210

78787071L

López Méndez, José

Resolución desestimatoria de reclamación previa de data 13.1.2017

CO199368

76779513Q

Martínez Alcalde, Miguel Ángel

Resolución desestimatoria de reclamación previa de data 17.11.2016

CO193946

46896546Y

Quinteiro Moreno, Marta María