Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 87 Luns, 8 de maio de 2017 Páx. 22448

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela

EDICTO (PO 243/2015).

Eu, Susana Varela Amboage, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela, fago saber que no procedemento ordinario 243/2015 deste xulgado do social, seguido por instancia de Fundación Laboral de la Construcción contra Cuadrafer, S.L., Fondo de Garantía Salarial (Fogasa) sobre ordinario, ditouse a seguinte resolución:

Xulgado do Social número 3

Santiago de Compostela

PO procedemento ordinario 243/2015

Sobre ordinario

Demandante Fundación Laboral de la Construcción

Avogado: Jesús Ángel Rodríguez Ferreiro

Demandados: Cuadrafer, S.L., Fondo de Garantía Salarial (Fogasa)

Auto.

Santiago de Compostela, 20 de febreiro de 2017.

Antecedentes de feito:

Único. Fundación Laboral de la Construcción solicitou a rectificación, aclaración e/ou complemento da resolución ditada neste procedemento o día 18.1.2017, nos termos que constan documentados.

Parte dispositiva:

Aclárase e rectifica a resolución ditada nestes autos o día 18.1.2017, no sentido de que onde di: «319,80 euros», debe dicir: «1.090,67euros» no antecedente feito I, feito probado V, fundamento xurídico II e fallo, correspondendo a débeda ao período de xaneiro de 2009 a xuño 2013 (908,89 euros máis o 20 % de xuros).

No demais permanecerá invariable a resolución ditada.

Notifíquese esta resolución ás partes contra a que non cabe recurso.

Así o acorda e asina a maxistrada Sandra María Iglesias Barral. Dou fe.

E para que sirva de notificación en legal forma a Cuadrafer, S.L., en ignorado paradoiro, expido o presente para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia e no taboleiro de anuncios deste xulgado.

Advírtese o destinatario de que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

Santiago de Compostela, 17 de abril de 2017

A letrada da Administración de xustiza