Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 86 Venres, 5 de maio de 2017 Páx. 22146

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela

EDICTO de notificación de resolución (TCD 1/2017).

Eu, María Teresa Vázquez Abades, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela, fago saber que no procedemento de terzaría de dominio 1/2017 deste xulgado do social, seguido por instancia de Maquinaría J Aurteneche e Aurteneche Distribución, S.L. contra Baltasar Rodríguez Liste, José Manuel Requeijo Tojo, Juan Carlos Ferro Castro, Jorge Luis Gómez López, Raúl Alexander Bo Silva, Manuel Zas Oca, Manuel Ramón Calvo Fernández, Fondo de Garantía Salarial (Fogasa), Excavacións Migasa, S.L., ditouse a seguinte resolución:

«Dilixencia de ordenación

Letrada da Administración de xustiza: María Teresa Vázquez Abades.

En Santiago de Compostela, vinte e cinco de abril de dous mil dezasete.

1. Únase o anterior escrito presentado polo procurador Rafael Mario Trigo Trigo en nome e representación de Maquinaria J Aurteneche e Aurteneche Distribución, S.L., e tense por emendada e ampliada a presente demanda de terzaría de dominio.

2. Consultada a axenda de sinalamentos deste xulgado para os efectos de sinalar incidente de execución do artigo 238 da LRXS para celebración da vista da terzaría, sinálase para o efecto o próximo día 16.5.2017, ás 13.45 horas na sala de audiencias número 1 deste xulgado, sita na rúa Berlín, s/n, polígono das Fontiñas.

3. Cítense as partes, o terceirista e o Fogasa, que deberán comparecer con todos os medios de proba de que se tenten valer.

4. A citación á executada Escavacións Migasa, S.L. verificarase por medio de edicto que se publicará no DOG, tendo en conta que se acha en ignorado paradoiro.

5. A citación ao terceirista e ás demais partes comparecidas na execución entenderase practicada coa notificación da presente resolución.

6. Conforme o acordado por S.Sª en auto do 12.1.2017, suspéndense as actuacións relativas á execución dos bens discutidos ata a resolución do incidente.

Notifíquese ás partes facéndolles saber que, en aplicación do mandado contido no artigo 53.2 da LXS, no primeiro escrito ou comparecencia ante o órgano xudicial, as partes ou interesados e, se for o caso, os profesionais designados, sinalarán un domicilio e datos completos para a práctica de actos de comunicación. O domicilio e os datos de localización facilitados con tal fin fornecerán plenos efectos e as notificacións neles tentadas sen efecto serán válidas en canto non sexan facilitados outros datos alternativos, sendo carga procesual das partes e dos seus representantes mantelos actualizados. Así mesmo, deberán comunicar os cambios relativos ao seu número de teléfono, fax, enderezo electrónico ou semellantes, sempre que estes últimos estean a ser utilizados como instrumentos de comunicación co tribunal.

Modo de impugnación: mediante recurso de reposición que se interporá ante quen dita esta resolución, no prazo de tres días hábiles seguintes á súa notificación con expresión da infracción que a xuízo do recorrente contén, sen que a interposición do recurso teña efectos suspensivos con respecto á resolución impugnada.

A/o letrada/o da Administración de xustiza».

E para que sirva de notificación en legal forma a Escavacións Migasa, S.L., en ignorado paradoiro, expido este edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 26 de abril de 2017

A letrada da Administración de xustiza