Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 86 Venres, 5 de maio de 2017 Páx. 22132

V. Administración de xustiza

Xulgado de Primeira Instancia e Instrución número 1 de Ribeira

EDICTO (465/2014).

Procedemento ordinario 465/2014

Sobre execución de obras, danos e perdas

Demandantes: José Ángel Barcala Abanqueiro, Isaura Aurora Lorenzo Ces, Antonio Otero Suárez, Carlos Fernández Fernández

Procuradora: Elena Ramos Picallo

Avogado: Benjamín Fernández-Novoa Valladares

Demandados: Invernova Xestión Inmobiliaria 2010, S.L., María Pilar Vence Lodeiro, Álvaro Macía Rodríguez, Galimar Promove, S.A.

Procuradoras: Tamara Paisal Outeiral, Montserrat Vidal Rivas

Cédula de notificación.

No procedemento de referencia ditouse a sentenza cuxo encabezamento e fallo son do seguinte teor literal seguinte:

Sentenza.

Vistos por min, Mª de las Nieves Corral Montes, xuíza do Xulgado de Primeira Instancia e Instrución número 1 de Ribeira e o seu partido xudicial, os autos do xuízo ordinario número 465/2014 en que foron parte demandante Isaura Aurora Lorenzo Ces, Milagros Villa Coego, Antonio Otero Suárez, Lourdes García Hermida, Cubeiro Cañete S.L., José Ángel Barcala Abanqueiro e Carlos Fernández Fernández, representados pola procuradora Sra. Ramos Picallo e asistidos polo letrado Benjamín Fernández, e partes demandadas Galimar Promove, S.A., Invernova Xestión Inmobiliaria 2010, S.L., Mª del Pilar Vence Lodeiro, representada pola procuradora Sra. Paisal Outeiral e asistida polo letrado Sr. Lopez Taboada, e Álvaro Macía Rodríguez, representado pola procuradora Sra. Vidal Rivas e asistida polo letrado Sr. López Fernández,

Decido que, desestimando a demanda presentada polos demandantes Isaura Aurora Lorenzo Ces, Milagros Villa Coego, Antonio Otero Suárez, Lourdes García Hermida, Cubeiro Cañete, S.L., José Ángel Barcala Abanqueiro e Carlos Fernández Fernández contra os demandados Galimar Promove, S.A., Invernova Xestión Inmobiliaria 2010, S.L., Mª del Pilar Vence Lodeiro e Álvaro Macía Rodríguez, debo absolver e absolvo a Galimar Promove, S.A., Invernova Xestión Inmobiliaria 2010, S.L., Mª del Pilar Vence Lodeiro e Álvaro Macía Rodríguez do pagamento da suma de 18.000 euros en concepto de reparación polos danos obxecto de reclamación.

Procede a condena en custas á parte demandante.

Esta resolución non é firme e contra esta cabe recurso de apelación no prazo de vinte días desde a súa notificación.

Notifíquese ás partes.

E como consecuencia do ignorado paradoiro de Galimar Promove, S.A. e Invernova Xestión Inmobiliaria 2010, S.L., expídese a presente para que sirva de cédula de notificación.

Ribeira, 21 de novembro de 2016

A letrada da Administración de xustiza