Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 86 Venres, 5 de maio de 2017 Páx. 22125

V. Administración de xustiza

Xulgado de Primeira Instancia número 2 de Santiago de Compostela

EDICTO (795/2015).

Cédula de notificación.

No procedemento de referencia ditouse a resolución do teor literal seguinte:

Sentenza número 36/2017.

Xuízo ordinario nº 795/2015.

Maxistrada xuíza: María Jesús Sánchez Carbajales.

Demandante: Sofía Duarte Porto.

Avogada: Sra. Pérez Duarte.

Procurador: Sra. Maestre Ortuño.

Demandados 1 e 2: Autobuses Urbanos de Lugo, S.A. e TRAP, S.A., UTE Lei 18/1982 e AXA Seguros Generales, S.A. de Seguros y Reaseguros.

Avogado: Sr. Fernández González.

Procurador: Sr. García Piccoli Atanes.

Demandado 3: Mario Rodríguez Pérez (en rebeldía).

Obxecto: responsabilidade civil extracontractual en accidente de circulación e indemnización de danos persoais sobre a base do seguro obrigatorio de viaxeiros.

En Santiago de Compostela o 6 de marzo de 2017.

Resolución:

Estimo parcialmente a demanda presentada por Sofía Duarte Porto contra Mario Rodríguez Pérez, Autobuses Urbanos de Lugo, S.A. e TRAP, S.A., UTE Lei 18/1982, e a entidade aseguradora AXA, Seguros Generales, S.A. de Seguros y Reaseguros, e en consecuencia:

1. Condeno solidariamente a Mario Rodríguez Pérez, a Autobuses Urbanos de Lugo, S.A. e TRAP, S.A., UTE Lei 18/1982, e a entidade aseguradora AXA, a pagar á demandante, como indemnización derivada do Real decreto lexislativo 8/2004, a cantidade de 7.550,37 euros, incrementada respecto da aseguradora AXA cos xuros do artigo 20 da LCS computados desde a data do accidente (29.12.2014), respecto de Mario Rodríguez Pérez cos xuros legais desde a data de interposición da demanda, e respecto de Autobuses Urbanos de Lugo, S.A. e TRAP, S.A., UTE, cos xuros legais devindicados desde o 4.8.2015, en todos os casos ata a data do completo pagamento.

2. Condeno a AXA a pagar á demandante a suma de 1.202,02 euros en concepto de indemnización derivada do Real decreto 1575/1989, incrementada cos xuros do artigo 20 da LCS computados desde a data do accidente (29.12.2014).

3. Todo iso sen imposición de custas.

Notifíquese esta resolución ás partes coa indicación de que non é firme e que contra ela poderá interpoñerse recurso de apelación ante a Sala do Civil da Audiencia Provincial, recurso que deberá presentarse neste xulgado no prazo de vinte días desde a súa notificación.

Por exixilo así a disposición adicional décimo quinta da Lei orgánica 6/1985, do 1 de xullo, do poder xudicial, a interposición de recurso contra a anterior resolución exixe a constitución dun depósito de 50 euros. Están exceptuadas da obriga de constituír o depósito as partes que teñan recoñecido o dereito de asistencia xurídica gratuíta.

Líbrese testemuño da presente resolución para a súa unión aos autos principais e lévese o orixinal ao libro de sentenzas deste xulgado.

Así, por esta a miña sentenza, pronúncioo, mándoo e asínoo, María Jesús Sánchez Carbajales, maxistrada xuíza do Xulgado de Primeira Instancia número 2 de Santiago de Compostela.

Publicación. No mesmo día, en audiencia pública, foi lida e publicada a anterior sentenza pola xuíza que a ditou. Dou fe.

E como consecuencia do ignorado paradoiro de Mario Rodríguez Pérez, expídese a presente para que sirva de cédula de notificación.

Santiago de Compostela, 9 de marzo de 2017

O/a letrado/a da Administración de xustiza