Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 86 Venres, 5 de maio de 2017 Páx. 22113

IV. Oposicións e concursos

Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza

RESOLUCIÓN do 15 de marzo de 2017, da Dirección Xeral de Administración Local, pola que se clasifica un posto de traballo reservado a funcionarios/as con habilitación de carácter nacional no Concello de Arteixo.

Visto o informe proposta do xefe de Servizo de Réxime Xurídico e Xestión de Funcionarios con Habilitación Nacional do 15 de marzo de 2017 que se reproduce:

«Á vista da solicitude formulada polo Concello de Arteixo para a creación do posto reservado de viceinterventor/a, infórmase:

Réxime xurídico aplicable: Real decreto 1732/1994, do 29 xullo, en virtude do mandato recollido na disposición transitoria sétima da Lei 27/2013, do 27 de decembro, así como no Decreto 49/2009, do 26 de febreiro, sobre o exercicio de competencias da Comunidade Autónoma de Galicia respecto dos funcionarios con habilitación de carácter nacional.

Competencia: correspóndelle á Comunidade Autónoma en virtude do sinalado na disposición transitoria sétima da Lei 27/2013 que se remite aos artigos 2 do Real decreto 1732/1994, e artigo 3 e 10.4 do Decreto 49/2009; en concreto á Dirección Xeral de Administración Local, Orde do 14 maio de 2013 (DOG núm. 92, do 15 de maio).

Requisitos para a súa concesión: artigo 2 do Real decreto 1732/1994 e artigo 3 do Decreto 49/2009:

– Debe tratarse dun posto reservado dos recollidos no artigo 2 do Real decreto 1732/1994 e artigo 3.1 do Decreto 49/2009: é necesario ao tratarse dun posto de colaboración.

– No caso dun posto de colaboración, estará reservado a persoal da subescala e categoría igual ou inferior á da secretaría excepto nos municipios de gran poboación e deputacións que será de primeira excepto as tesourarías e servizos asistencia a municipios que poderán selo doutra clase (artigo 3.1 g) p 2 do Decreto 49/2009): é necesario ao tratarse da mesma subescala e categoría inferior á da Secretaría.

– Instancia da entidade local (artigo 10.2 p 1 Decreto 49/2009): é necesario (nº rex. portelo 415/RX454625).

– Memoria xurídica e económica xustificativa da clasificación (artigo 10.2.a) Decreto 49/2009): é necesaria, presentada coa instancia e asinada pola técnico de recursos humanos co visto e prace do alcalde do 22 de febreiro de 2017.

– Certificación acreditativa dos recursos da entidade local segundo o último orzamento aprobado (artigo 10.2.b) Decreto 49/2009): é necesario, presentada coa instancia e asinada pola interventora con data do 21.2.2017.

– Certificación da última cifra de poboación (artigo 10.2.c) Decreto 49/2009): é necesaria, presentada coa instancia e asinada pola secretaria xeral co visto e prace do concelleiro con data 20.2.2017.

– Certificación de secretaría dos acordos relativos a RPT ou cadro de persoal e sometemento a información pública (artigo 10.2.d) Decreto 49/2009): é necesario, presentados coa instancia (acordo de Pleno do 18 de marzo de 2016 e do 26 de maio de 2016 publicación no BOP núm. 110, do 10 de xuño) e asinados pola secretaria xeral co visto e prace do alcalde.

Condicións: son as recollidas no artigo 9 do Real decreto 1732/1994 e artigo 10 do Decreto 49/2009:

– Debe publicarse a resolución no DOG e no BOE.

– As características esenciais dos postos de traballo que se creen ao abeiro deste decreto quedarán reflectidas nas relacións de postos de traballo das entidades locais que se trate.

– As modificacións na clasificación non afectarán os destinos dos/as funcionarios/as con habilitación nacional que os estivesen desempeñando con carácter definitivo, aínda que non pertenzan á subescala e categoría correspondente.

– Debe remitirse a publicación á Dirección Xeral da Función Pública.

Conclusión: á vista do anterior e do cumprimento dos requisitos legalmente establecidos para iso, emito informe favorable e propoño a adopción da seguinte resolución por parte da directora xeral de Administración local:

Primeiro. Clasificar o posto reservado a funcionarios con habilitación nacional nos seguintes termos:

Concello: Arteixo.

Posto: viceinterventor/a.

Subescala: intervención-tesouraría.

Categoría: entrada.

Forma provisión: concurso.

Segundo. Publicar esta resolución no DOG e no BOE, así como remitir a publicación á Dirección Xeral de Función Pública.

Terceiro. A presente resolución que pon fin á vía administrativa poderá impugnarse directamente, ante a xurisdición contencioso-administrativa, no prazo de dous meses contados desde o día seguinte ao da publicación, segundo a Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa. Poderá tamén potestativamente interpoñerse recurso de reposición perante a Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza no prazo dun mes contado desde a mesma data, nos termos dos artigos 123 e 124 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas».

Con base no informe sinalado e tendo en conta as competencias conferidas polo artigo 15 e/ da Lei 2/2015, do 29 de abril, de emprego público de Galicia e artigo 1.6 da Orde do 14 maio de 2013, sobre delegación de competencias (DOG núm. 92, do 15 maio)

RESOLVO:

Primeiro. Clasificar o posto reservado a funcionarios con habilitación nacional nos seguintes termos:

Concello: Arteixo.

Posto: viceinterventor/a.

Subescala: intervención-tesouraría.

Categoría: entrada.

Forma provisión: concurso.

Segundo. Publicar esta resolución no DOG e no BOE, así como remitir a publicación á Dirección Xeral de Función Pública.

Terceiro. A presente resolución que pon fin á vía administrativa poderá impugnarse directamente, ante a xurisdición contencioso-administrativa, no prazo de dous meses contados desde o día seguinte ao da publicación, segundo a Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa. Poderá tamén potestativamente interpoñerse recurso de reposición perante a Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza no prazo dun mes contado desde a mesma data, nos termos do artigo 123 e 124 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

Santiago de Compostela, 15 de marzo de 2017

Marta Fernández-Tapias Nuñez
Directora xeral de Administración local