Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 85 Xoves, 4 de maio de 2017 Páx. 21959

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 2 de Santiago de Compostela

EDICTO (621/2014).

Eu, Marina Pilar García de Evan, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 2 de Santiago de Compostela, fago saber que no procedemento sobre seguridade social 621/2014 deste xulgado do social, seguido por instancia de Pablo Gómez Rodríguez contra Isalcor Valga, S.L., EXL Quintaglass, S.L., Fondo de Garantía Salarial, Estevan Crego Pedrido, Alicia Carro Lorenzo, Carpintería Metálica Tecre, S.L., Atesvi, S.L., Sociedad Profesional Torres Díaz Sanjuro y Barral, S.L.P, Isidro Carro Lorenzo e Exlabesa, sobre seguridade social, ditouse a seguinte resolución:

«Acordo:

– Admitir a demanda presentada.

– Citar as partes para que comparezan o día 15 de xuño de 2017, ás 9.25 horas, na secretaría deste xulgado, planta primeira, Edificio da rúa Berlín, para a celebración do acto de conciliación ante o/a letrado/a da Administración de xustiza e, unha vez intentada, e en caso de non se alcanzar a avinza, o día 15 de xuño de 2017, ás 9.30 horas, na planta baixa, sala 1, Edificio da rúa Berlín, para a celebración do acto de xuízo ante o/a maxistrado/a.

– Advírtese ás partes que en caso de non compareceren nin alegaren xusta causa que motive a suspensión do acto de xuízo, poderá o xuíz ter o demandando por desistido da demanda, e se se trata do demandado non impedirá a celebración do acto de xuízo, continuando este sen necesidade de declarar a súa rebeldía.

Resultando da documentación existente, procédase conforme os artigos 101.5 e 143.3 da Lei 36/2011 a citar os interesados para que poidan comparecer como partes no xuízo.

– Respecto aos outrosís solicitados para os efectos previstos no artigo 81.4 da LXS:

Tense por presentada a documentación que acompaña a demanda, únase aos autos da súa razón, sen prexuízo da cal deba propoñela a parte no acto de xuízo como medio de proba de que intentará valerse.

Tense por anunciado o propósito de comparecer asistido/a representado/a de avogado/a ou graduado social para os efectos do artigo 21.2 da LXS e por designado domicilio para os efectos de comunicacións, artigo 53 da LXS.

En canto á documental solicitada, paso a dar conta á súa señoría para os efectos oportunos.

– Antes da notificación desta resolución ás partes paso a dar conta á súa señoría do sinalamento efectuado.

Notifíquese ás partes, facéndolles saber que en aplicación do mandato contido no artigo 53.2 da LXS, no primeiro escrito ou comparecencia ante o órgano xudicial, as partes ou interesados e, se é o caso, os profesionais designados sinalarán un domicilio e datos completos para a práctica de actos de comunicación. O domicilio e os datos de localización facilitados con tal fin producirán plenos efectos e as notificacións neles intentadas sen efecto serán válidas mentres non sexan facilitados outros datos alternativos, sendo carga procesual das partes e dos seus representantes mantelos actualizados. Así mesmo, deberán comunicar os cambios relativos ao seu número de teléfono, fax, enderezo electrónico ou similares, sempre que estes últimos estean a ser utilizados como instrumentos de comunicación co tribunal.

Modo de impugnación: mediante recurso de reposición que se interpoñerá ante quen dita esta resolución, no prazo de tres días hábiles seguintes á súa notificación con expresión da infracción que a xuízo do recorrente contén esta, sen que a interposición do recurso teña efectos suspensivos con respecto á resolución impugnada.

A letrada da Administración de xustiza».

E para que sirva de notificación en legal forma a Isalcor Valga, S.L., en ignorado paradoiro, expido o presente edicto para a súa inserción en Diario Oficial de Galicia.

Advírtese ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

Santiago de Compostela, 10 de abril de 2017

A letrada da Administración de xustiza