Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 85 Xoves, 4 de maio de 2017 Páx. 21963

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 2 de Santiago de Compostela

EDICTO (ETX 191/2014).

Marina Pilar García de Evan, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 2 de Santiago de Compostela, fai saber que no procedemento de execución de títulos xudiciais 191/2014 deste xulgado do social, seguido por instancia de Eva Morquecho Sarasquete contra a empresa Bitango Ocio, S.L., sobre execución de sentenza, ditouse a seguinte resolución, cuxa parte dispositiva se xunta:

«Decreto.

Letrada da Administración de xustiza: Marina Pilar García de Evan.

Santiago de Compostela, 10 de abril de 2017

Antecedentes de feito:

Primeiro. Na execución rexistrada neste xulgado co número 191/2014, por instancia de Eva Morquecho Sarasquete contra Bitango Ocio, S.L. tras os trámites legais foi embargado e valorado polo perito taxador Eurovaloraciones, S.A. (Euroval) o seguinte ben inmoble:

Predio propiedade de Bitango Ocio, S.L., CIF B84494848, sita no municipio de Vilalba, Idufir: 27010000564102.

Referencia catastral: 7045506PH0974N0001OA.

Predio número 23.045, inscrito no folio 125 do libro 208, tomo 452. Urbano, na parroquia e municipio de Vilalba, soar, sito na rúa Nova, 78, de 356 metros cadrados. Linda: norte e fronte, rúa Nova; esquerda, edificio número oitenta da rúa Nova; dereita desde a fronte, máis de Ángel Luis Orosa de Vicente, e fondo, rúa.

Segundo. Deuse traslado ás partes da valoración pericial co resultado que obra nas actuacións.

Fundamentos de dereito:

Primeiro. O artigo 655 da Lei 1/2000 de axuizamento civil (LAC), de aplicación supletoria, dispón na sección sexta do capítulo IV do título III, baixo a rúbrica “Da poxa de bens inmobles”, que as normas desta sección se aplicarán ás poxas de bens inmobles e ás de bens mobles suxeitos a un réxime de publicidade rexistral similar ao daqueles, para, a continuación, indicar que nas poxas a que se refire o punto anterior serán aplicables as normas da poxa de bens mobles, salvo as especialidades que se establecen nos artigos seguintes.

Segundo. Dispón o artigo 666 da LAC que os bens inmobles sairán a poxa polo valor que resulte de deducir da súa taxación o importe de todas as cargas e dereitos anteriores, e o letrado da Administración de xustiza realizará a operación que desconte do valor da taxación o importe total garantido que resulte da certificación de cargas.

Terceiro. O artigo 644 da LAC sinala que unha vez fixado o prezo xusto dos bens mobles embargados, o secretario xudicial, mediante decreto, acordará a convocatoria da poxa.

A poxa levarase a cabo, en todo caso, de forma electrónica no portal de poxas, baixo a responsabilidade do secretario xudicial.

Cuarto. Dispón o artigo 667 da LAC que a poxa anunciará e será obxecto de publicidade conforme o previsto no artigo 645 da mesma lei.

Quinto. Cumpridos no presente caso todos os requisitos contidos na lei procesual, procede acordar a convocatoria de poxa.

Vistos os preceptos legais citados e demais de xeral e pertinente aplicación

Parte dispositiva.

Acordo:

1. Sacar á venda, en poxa pública, o ben descrito no antecedente de feito primeiro da presente resolución.

2. A poxa levarase a cabo no Portal electrónico de poxas da Axencia Estatal do Boletín Oficial del Estado.

3. Notificar a presente resolución ao executado, por medio de edictos, facéndolle saber que, en calquera momento anterior á aprobación do remate ou da adxudicación ao executante, poderá liberar os seus bens pagando integramente o que se deba ao executante por principal, xuros e custas.

4. Rexistrar a poxa no portal de poxa, unha vez firme esta resolución.

Notifíquese ás partes, facéndolles saber que en aplicación do mandato contido no artigo 53.2 da LXS, no primeiro escrito ou comparecencia ante o órgano xudicial, as partes ou interesados e, se é o caso, os profesionais designados, sinalarán un domicilio e os datos completos para a práctica de actos de comunicación. O domicilio e os datos de localización facilitados con tal fin producirán plenos efectos e as notificacións neles intentadas sen efecto serán válidas mentres non sexan facilitados outros datos alternativos, sendo carga procesual das partes e dos seus representantes mantelos actualizados. Así mesmo, deberán comunicar os cambios relativos ao seu número de teléfono, fax, enderezo electrónico ou similares, sempre que estes últimos estean a ser utilizados como instrumentos de comunicación co tribunal.

Modo de impugnación: mediante recurso de reposición que se interpoñerá no prazo de tres días hábiles seguintes á súa notificación ante o/a letrado/a da Administración de xustiza que dita esta resolución, con expresión da infracción que a xuízo do recorrente contén esta».

E para que sirva de notificación en legal forma a Bitango Ocio, S.L., en ignorado paradoiro, expido o presente edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírtese a destinataria que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

Santiago de Compostela, 10 de abril de 2017

A letrada da Administración de xustiza