Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 85 Xoves, 4 de maio de 2017 Páx. 22042

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Axencia Turismo de Galicia

CÉDULA do 18 de abril de 2017, da Área Provincial de Turismo de Pontevedra, pola que se notifica a resolución da baixa da autorización turística e cancelación da inscrición no Rexistro de Empresas e Actividades Turísticas.

De conformidade co disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, publícase a Resolución do 3 de xaneiro de 2017, da baixa dos establecementos indicados no anexo, xa que intentada a notificación, non se puido efectuar polos medios habituais.

Esta resolución esgotada a vía administrativa e contra ela poderá interpor recurso potestativo de reposición ante esta Axencia Turismo de Galicia no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da súa notificación, ou ben directamente recurso contencioso-administrativo ante o Xulgado do Contencioso-Administrativo de Santiago de Compostela no prazo de dous meses, contado desde o día seguinte ao da súa notificación, de conformidade co disposto nos artigos 8, 14 e 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Pontevedra, 18 de abril de 2017

María Ángeles Herrero Pérez
Xefa da Área Provincial de Pontevedra

ANEXO

Establecemento: Palmira.

Signatura: V-PO-007085.

Razón social: María Rosangela de Campos Nunes.

Enderezo: Barrio Sanjorge.

Concello: Salceda de Caselas.

Establecemento: La Estrela.

Signatura: V-PO-001086.

Razón social: Maximino Domínguez González.

Enderezo: San Xurxo.

Concello: Salceda de Caselas.

Establecemento: Gran Hotel HLG Samil.

Signatura: V-PO-000673.

Razón social: Inmobiliaria Samil, S.A.

Enderezo: Samil, 15.

Concello: Vigo.

Establecemento: Boca Chica.

Signatura: V-PO-009331.

Razón social: Milene Alves Bronzeri.

Enderezo: travesía de Vigo, 188, 3º A.

Concello: Vigo.

Establecemento: Totem.

Signatura: V-PO-001409.

Razón social: José Luis Fernández Lodeiro.

Enderezo: Pío XII.

Concello: O Porriño.