Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 85 Xoves, 4 de maio de 2017 Páx. 22044

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Centro Informático para a Xestión Tributaria, Económico-Financeira e Contable

RESOLUCIÓN do 24 de abril de 2017 pola que se anuncia a contratación do servizo para a evolución funcional e tecnolóxica do Sistema de información de nómina e recursos humanos (Breixo), mediante tramitación documentalmente simplificada e suxeita a regulación harmonizada.

1. Entidade adxudicadora:

a) Organismo: Centro Informático para a Xestión Tributaria, Económico-Financeira e Contable (Cixtec).

b) Dependencia que tramita o expediente: Departamento de Xestión Económica e Réxime Interno do Cixtec.

c) Obtención da documentación e información:

1º. Dependencia: Cixtec.

2º. Enderezo: r/ Domingo Fontán, 9.

3º. Localidade e código postal: Santiago de Compostela 15702.

4º. Teléfono: 981 54 13 37.

5º. Telefax: 981 54 12 70.

6º. Enderezo electrónico: contratacion.rexistro@cixtec.es

7º. Correo da internet do perfil do contratante: www.cixtec.es

8º. Data límite de obtención da documentación e información: coincide coa data límite de presentación de ofertas.

d) Número de expediente: 2017-007.

2. Obxecto do contrato:

a) Tipo: servizos.

b) Descrición do obxecto: servizo para a evolución funcional e tecnolóxica do Sistema corporativo de información de nómina e recursos humanos (Breixo), mediante tramitación documentalmente simplificada e suxeita a regulación harmonizada.

c) Lugar de execución: os traballos realizaranse nos locais habilitados polo adxudicatario.

d) Prazo de execución: 24 meses desde a formalización do contrato.

e) Admisión de prórroga: non.

f) CPV: 72212000-4.

3. Requisitos mínimos de solvencia:

a) Solvencia económica e financeira:

Medio: volume anual de negocios do licitador, referido ao ano de maior volume de negocio dos tres últimos exercicios concluídos.

Criterio: considérase solvente o licitador que acredite nun dos tres últimos exercicios que supera a contía de 506.250 euros de volume de negocios. No caso de empresas cuxo período de actividade non abranga os tres últimos exercicios, é necesario presentar a cifra de negocios do período de actividades da empresa, que deberá ser superior, en todo caso, á contía referida anteriormente, por ano ou fracción de ano acreditado.

O volume anual de negocios do licitador ou candidato acreditarase por medio das súas contas anuais aprobadas e depositadas no Rexistro Mercantil, se o empresario estiver inscrito no dito rexistro e, no caso contrario, polas depositadas no rexistro oficial en que deba estar inscrito. Os empresarios individuais non inscritos no Rexistro Mercantil acreditarán o seu volume de negocios mediante o seus libros de inventarios e contas anuais legalizados polo Rexistro Mercantil.

b) Solvencia técnica ou profesional:

Medio: relación dos principais servizos ou traballos similares ao obxecto deste prego, realizados nos últimos cinco anos, que inclúa o seu importe, as súas datas e o seu destinatario, sexa público ou privado.

Criterio: considérase solvente o licitador que acredite nos últimos cinco anos a realización de traballos similares ao obxecto deste prego cuxo importe anual acumulado no ano de maior execución sexa igual ou superior ao valor da súa anualidade media, IVE non incluído.

Considerarase solvente o licitador que acredite a realización de traballos por un importe de 337.500 euros, IVE non incluído.

Os servizos ou traballos efectuados acreditaranse da seguinte forma:

– Cando o destinatario sexa unha entidade do sector público: mediante certificados expedidos ou visados polo órgano competente.

– Cando o destinatario sexa un suxeito privado: mediante un certificado expedido por este ou mediante unha declaración do empresario.

4. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación.

a) Tramitación: ordinaria.

b) Procedemento: aberto.

c) Forma: pluralidade de criterios.

d) Criterios de adxudicación: os estipulados no prego de cláusulas administrativas particulares.

5. Valor estimado do contrato:

Importe: 675.000 euros.

6. Orzamento base de licitación:

Importe neto: 675.000 euros. Importe total: 816.750 euros, distribuído nas seguintes anualidades:

Exercicio 2017: 151.250 euros, IVE incluído.

Exercicio 2018: 453.750 euros, IVE incluído.

Exercicio 2019: 211.750 euros, IVE incluído.

7. Garantías exixidas:

Definitiva: 5 % do importe de adxudicación, excluído o IVE.

8. Requisitos específicos do contratista:

a) Clasificación: non se exixe.

b) Concreción dos criterios de solvencia: ver a folla de especificacións do prego de cláusulas administrativas particulares.

9. Presentación das ofertas:

a) Data límite de presentación de ofertas:

1º. Ofertas presentadas a través do Sistema de licitación electrónica da Xunta de Galicia (Silex): o prazo de presentación rematará ás 14.00 horas do día 22 de maio de 2017.

2º. Ofertas presentadas en sobre pechado: o prazo de presentación rematará ás 14.00 horas do día 22 de maio de 2017.

b) Modalidade de presentación: ver o prego de cláusulas administrativas particulares.

c) Lugar de presentación:

1º. Documentación presentada a través do Sistema de licitación electrónica da Xunta de Galicia (Silex). Enderezo electrónico: www.conselleriadefacenda.es/silex

2º. Documentación presentada en sobre pechado:

Dependencia: Rexistro xeral do Cixtec.

Enderezo: r/ Domingo Fontán, nº 9.

Localidade e código postal: Santiago de Compostela 15702.

d) Admisión de variantes: non se admiten.

e) Prazo durante o cal o licitador estará obrigado a manter a súa oferta: 2 meses.

10. Apertura das ofertas:

a) Descrición:

A data e a hora das mesas de apertura de criterios cuantificables mediante xuízo de valor e de criterios avaliables de forma automática por aplicación de fórmulas serán publicadas oportunamente no perfil do contratante e comunicaranse aos licitadores.

b) Enderezo: r/ Domingo Fontán, nº 9.

c) Localidade: Santiago de Compostela.

11. Gastos de anuncios: os gastos de anuncios correrán por conta do adxudicatario, de acordo co estipulado no prego de cláusulas administrativas particulares.

12. Data de envío do anuncio ao Diario Oficial de la Unión Europea: 24 de abril de 2017.

Santiago de Compostela, 24 de abril de 2017

M. Mauro Fernández Dabouza
Director xeral do Centro Informático para a Xestión Tributaria,
Económico-Financeira e Contable