Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 84 Mércores, 3 de maio de 2017 Páx. 21801

V. Administración de xustiza

Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (Sala do Social)

EDICTO (4969/2016).

Tipo e número de recurso: RSU. Recurso de suplicación 4969/2016

Xulgado de orixe/autos: despedimento/cesamentos en xeral 167/2015. Xulgado do Social número 2 de Ourense

Recorrentes: Aspanas Asociación de Ayuda a Discapacitados Intelectuales Amanecer, S.L.U.

Avogado: Juan Carlos González Iglesias

Recorridos: Amencer Reciclado, S.L.U., Aspanas Termal, S.L., Fernando Caride González, María Josefa Novoa Hermida, administración concursal de Amencer Reciclado (Fernando Caride González)

Avogados: Fernando Caride González, Antonio Valencia Fidalgo

Eu, María Isabel Freire Corzo, letrada da Administración de xustiza da Sección Primeira da Sala Segunda do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, fago saber que no procedemento de recurso de suplicación 4969/2016 desta sección, seguido por instancia de Aspanas Asociación de Ayuda a Discapacitados Intelectuales Amanecer, S.L.U. contra Amencer Reciclado, S.L.U., Aspanas Termal, S.L., Fernando Caride González, María Josefa Novoa Hermida, administración concursal de Amencer Reciclado (Fernando Caride González), sobre resolución de contrato, se ditou a seguinte resolución:

«Resolvemos que, desestimando o recurso de suplicación interposto pola Asociación de Padres a Favor de las Personas con Retraso Mental de Ourense (Aspanas Asociación) contra a sentenza ditada polo Xulgado do Social número 2 de Ourense, en xuízo instado por María Josefa Novoa Hermida contra os recorrentes Fernando Caride González, Aspanas, Aspanas Termal, S.L. e Amencer Reciclado, S.L.U., a sala confírmaa plenamente e, dando á consignación e ao depósito, de ser o caso, o destino regulamentario, condénase a recorrente a aboarlle ao letrado impugnante do recurso a cantidade de 601 euros en concepto de honorarios.

Notifíqueselles esta resolución ás partes e á Fiscalía do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia.

Modo de impugnación. Fáiselles saber ás partes que contra esta sentenza cabe interpor recurso de casación para unificación de doutrina que se deberá preparar mediante escrito presentado ante esta sala dentro do improrrogable prazo de dez días hábiles inmediatos seguintes ao da data de notificación da sentenza. Se o recorrente non ten a condición de traballador ou beneficiario do réxime público da Seguridade Social, deberá efectuar:

– O depósito de 600 euros na conta de 16 díxitos desta sala, aberta no Banco de Santander (Banesto) co número 1552 0000 37, seguida de 4 díxitos correspondentes ao número do recurso e 2 díxitos do ano deste.

– Así mesmo, se hai cantidade de condena deberá consignala na mesma conta, pero co código 80 en vez do 37, ou ben presentar aval bancario solidario en forma.

– Se o ingreso se fai mediante transferencia bancaria desde unha conta aberta en calquera entidade bancaria distinta, haberá que emitila á conta de 20 díxitos
0049 3569 92 0005001274 e facer constar no campo “Observacións ou Concepto da transferencia” os 16 díxitos que corresponden ao procedemento (1552 0000 80 ou 37 **** ++).

Unha vez que sexa firme, expídase certificación para constancia na peza que se arquivará neste tribunal e incorpórese o orixinal ao correspondente libro de sentenzas, logo da devolución dos autos ao xulgado do social de procedencia.

Así, por esta nosa sentenza, pronunciámolo, mandámolo e asinámolo».

Para que lle sirva de notificación en legal Aspanas Termal, S.L., en ignorado paradoiro, expido este edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírteselle á destinataria que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo no suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

A Coruña, 10 de abril de 2017

A letrada da Administración de xustiza