Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 84 Mércores, 3 de maio de 2017 Páx. 21824

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía, Emprego e Industria

CÉDULA do 21 de abril de 2017, da Xefatura Territorial de Pontevedra, pola que se notifica unha resolución da desistencia da subvención, regulada na Orde do 29 de decembro de 2015 (Diario Oficial de Galicia número 248, do 30 de decembro), relativa ao expediente TR349F 2016/113-5.

No uso das competencias atribuídas a esta xefatura territorial, e en virtude do disposto nos artigos 59.5 e 61 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (BOE do 27 de novembro), intentada a notificación dos actos administrativos que se indican no anexo no último domicilio coñecido da interesada sen que ésta se puidese practicar, notifícaselle á persoa citada no dito anexo para que, no prazo de dez (10) días contados desde o seguinte ao da publicación desta cédula no Boletín Oficial del Estado, compareza persoalmente ou debidamente representada no Servizo de Emprego e Economía Social da Xefatura Territorial da Consellería de Economía, Emprego e Industria de Pontevedra; rúa Concepción Arenal, 8, 2º, Vigo (das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres) para teren coñecemento do contido daquela, advertíndoa de que, de non facelo así, se considerará notificadas cos efectos que correspondan.

Esta resolución pon fin á vía administrativa e contra ela a interesada pode interpoñer recurso contencioso-administrativo no prazo de dous meses, que comezará a contar a partir do día seguinte ao da publicación desta cédula no Boletín Oficial del Estado, ante o órgano competente da xurisdición contencioso-administrativa. Así mesmo, con anterioridade e con carácter potestativo, poderá interpoñer un recurso de reposición no prazo dun mes, que comezará a contar a partir do día seguinte ao desta publicación, ante esta xefatura territorial. Todo isto de conformidade co establecido na Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa, e na Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

Vigo, 21 de abril de 2017

Ignacio Rial Santomé
Xefe territorial de Vigo

ANEXO

Nº de expediente: TR349F 2016/113-5.

Nome: Yesica Fernández Carballo.

CIF/NIF: 53178915V.

Último enderezo coñecido: Ernestina Otero, 25, 1º F, 36800 Redondela (Pontevedra).

Tipo de axuda: programa de axudas ás persoas traballadoras autónomas pola contratación indefinida de persoas asalariadas.

Contido da resolución: declarar a desistencia da solicitude.

Data da resolución: 28.2.2017.