Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 84 Mércores, 3 de maio de 2017 Páx. 21822

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Infraestruturas e Vivenda

ANUNCIO do 7 de abril de 2017, do Servizo de Mobilidade da Coruña, polo que se notifican as resolucións ditadas nos expedientes sancionadores en materia de transportes terrestres, devoltas polo servizo de Correos porque, intentada a notificación, non se puido efectuar (expediente XC-02326-I-2016 e cinco máis).

A persoa titular da Xefatura Territorial da Coruña ditou a resolución do expediente sancionador XC-02326-I-2016 e cinco máis por infracción da normativa sobre transporte terrestre.

Intentada a notificación da resolución por correo certificado con xustificante de recepción no domicilio que consta no correspondente expediente sancionador, esta foi devolta polo servizo de Correos. Por este motivo, e de conformidade co artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, a notificación efectúase por medio dun anuncio publicado no Boletín Oficial del Estado (BOE), que previamente se publica no Diario Oficial de Galicia. En consecuencia, mediante este anuncio notifícanselles as resolucións ditadas ás persoas interesadas.

Son informados/as de que os expedientes sancionadores se atopan á súa disposición nas oficinas do Servizo de Mobilidade da Coruña.

Comunícaselles que contra a resolución sancionadora, que non é definitiva na vía administrativa, cabe recurso de alzada, ante a director xeral de Mobilidade da Consellería de Infraestruturas e Vivenda, no prazo dun mes contado desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio no BOE.

En caso de conformidade coa resolución sancionadora, a persoa interesada deberá aboar a multa imposta empregando o modelo impreso que se facilitará no Servizo de Mobilidade da Coruña.

No caso de non presentar recurso de alzada e non pagar a sanción imposta, procederase ao seu cobramento pola vía de constrinximento segundo o previsto na normativa vixente.

A Coruña, 7 de abril de 2017

César Concheiro Ceide
Xefe do Servizo de Mobilidade

ANEXO

Expediente

Matrícula

Persoa sancionada

DNI/CIF

Infracción cometida

Data-Hora-Estrada-p.q.

Precepto cualificador

Precepto sancionador

Sanción imposta

XC-02326-I-2016

C-2055-BW

Intex Coruña, S.L.

B15563455

Non levar a bordo do vehículo a documentación formal que acredite a posibilidade legal de prestar o servizo.

21.9.2016; 9.37; AP9 F; 25,100

Art. 142.8 LOTT

Art. 143.1.b) LOTT

201 euros

XC-02650-O-2016

9473-CBT

Transcoruña, S.L.

B15743560

Non levar a bordo do vehículo o título habilitante ou a documentación formal que acredite a posibilidade legal de prestar o servizo.

14.7.2016; 12.40; N550; 33,9

Art. 142.8 LOTT

Art. 143.1.b) LOTT

201 euros

XC-02660-O-2016

1864-HMH

Ttes. J L Quesada, S.L.

B20078911

A falta de consignación do lugar de comezo ou do final de utilización nunha folla de rexistro ou documento de impresión dos tempos de condución e descanso.

3.7.2016; 20.52; N634; 700,5

Art. 142.4 LOTT

Art. 143.1.c) LOTT

301 euros

XC-02661-O-2016

1864-HMH

Ttes. J L Quesada, S.L.

B20078911

Diminución do descanso diario normal (sobre 11 horas). Igual ou superior a 10 horas e inferior a 11 horas.

3.7.2016; 20.48; N634 700,5

Art. 142.17 LOTT

Art. 143.1.a) LOTT

100 euros

XC-02810-O-2016

8066-FZS

José Otero Pérez

35477396B

O exceso igual ou superior ao 5 % e inferior ao 15 % sobre a MMA total en vehículos con MMA ata 12 toneladas. Exceso de peso igual ou superior ao 11 %.

24.9.2016; 19.37; AG-11; 40,0

Art. 142.2 LOTT

Art. 143.1.c) LOTT

375 euros

XC-02935-O-2016

3703-GKM

Hermanos Pallas, S.L.

B15060320

Realizar transporte público regular de viaxeiros de uso xeral sen levar a bordo o orixinal da copia certificada ou a documentación formal que acredite a posibilidade legal de prestar o servizo.

9.10.2016; 10.15; AC413; 25,5

Art. 142.8 LOTT

Art. 143.1.b) LOTT

201 euros