Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 83 Martes, 2 de maio de 2017 Páx. 21604

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 5 da Coruña

EDICTO (362/2016).

Eu, María Jesús Hernando Arenas, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 5 da Coruña, fago saber que no procedemento ordinario 362/2016 deste xulgado do social, seguido por instancia de Ver PDF contra o Fondo de Garantía Salarial, Cervecería A Estrela de Meicende, S.L., sobre reclamación de cantidade ditouse sentenza cuxa resolución di:

Que debo estimar e estimo a demanda que en materia de cantidade foi interposta por Ver PDF, contra a entidade Cervecería A Estrela de Meicende, S.L. e, en consecuencia, debo condenar e condeno a entidade Cervecería A Estrela de Meicende, S.L. a que aboe á demandante a cantidade de 2.525,6 euros brutos por horas extra devindicados entre abril e xuño de 2014, incrementada no xuro do 10 % por demora e aplicable aos conceptos salariais. Coa intervención do Fondo de Garantía Salarial.

Notifíquese a presente resolución ás partes facéndolles saber que contra ela non cabe interpoñer recurso ningún.

Así, por esta a miña sentenza, pronúnciao, mándao e asínao a maxistrada xuíza deste xulgado, Pilar Carreira Vidal.

E para que sirva de notificación en legal forma a Cervecería A Estrela de Meicende, S.L., en ignorado paradoiro, expido o presente edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírtese ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

A Coruña, 7 de abril de 2017

A letrada da Administración de xustiza