Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 83 Martes, 2 de maio de 2017 Páx. 21602

V. Administración de xustiza

Xulgado de Primeira Instancia número 5 de Santiago de Compostela

EDICTO de notificación de sentenza (539/2016-2).

JVB Xuízo verbal 539/2016 -2

Procedemento orixe: /

Sobre verbal arrendaticio

Demandante: María del Carmen Sánchez Lema

Procuradora: María Rita Goimil Martínez

Avogado: Javier Luis Álvarez Teijeiro

Demandada: María Inés Cacheda Gómez

No procedemento de referencia foi ditada a resolución do teor literal seguinte:

«Sentenza.

Santiago de Compostela, 7 de marzo de 2017.

Vistos por M. de Luna Taboada Martínez, maxistrada xuíza do Xulgado de Primeira Instancia número 5 desta cidade, os presentes autos de xuízo verbal nº 539/2016, seguidos por instancia de Mª del Carmen Sánchez Lema, representada pola procuradora Sra. Goimil Martínez, baixo a asistencia letrada do Sr. Álvarez Teijeiro, contra Mª Inés Cacheda Gómez, en situación de rebeldía procesual.

Decido.

Estimar integramente a demanda presentada pola procuradora Sra. Goimil Martínez no nome e representación invocada e, en consecuencia, condénase a demandada Mª Inés Cacheda Gómez a pagar á demandante a cantidade de dous mil douscentos sesenta e un euros e oitenta e cinco céntimos (2.261,85 €) máis os xuros legais nos termos que se indican no fundamento xurídico terceiro, así como ao pagamento das custas.

Notifíquese esta sentenza ás partes facéndolles saber que contra ela non cabe recurso de apelación.

E como consecuencia do ignorado paradoiro de María Inés Cacheda Gómez, expídese este edicto para que sirva de cédula de notificación.

Santiago de Compostela, 16 de marzo de 2017

O/a letrado/a da Administración de xustiza