Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 83 Martes, 2 de maio de 2017 Páx. 21636

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía, Emprego e Industria

ANUNCIO do 19 de abril de 2017, da Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Economía, Emprego e Industria, polo que se notifica ao interesado para que acredite a representación no recurso de alzada RAI-CO-114/16.

De conformidade co disposto no artigo 59.5 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, logo de intentada sen éxito a notificación persoal a través do servizo de Correos, notifícaselle a Jerónimo Fernández Prego, en representación de Montajes Eléctricos, S.L., co último domicilio coñecido na rúa Novoa Santos 6-8, 2º I, na Coruña, para que acredite a representación no recurso de alzada RAI-CO-114/16, interposto contra a Resolución do 11 de abril de 2016, da Xefatura Territorial da Consellería de Economía, Emprego e Industria na Coruña, ditada no expediente IN635C 2015/115-1, en materia de seguridade industrial.

De acordo co disposto nos artigos 32 e 110.1 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, o interesado deberá achegar a dita representación no prazo de dez días hábiles, contados desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio, no seguinte enderezo:

Servizo Técnico-Xurídico. Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Economía, Emprego e Industria; Edificio Administrativo San Caetano, s/n, bloque 5, 4ª planta, 15781 Santiago de Compostela.

Indícaselle que, de non presentar a documentación requirida no prazo indicado anteriormente, se dará por desistido da súa petición, logo da resolución que deberá ser ditada nos termos previstos no artigo 42 da Lei 30/1992, do 26 de novembro.

Este anuncio publícase para que conste e lle sirva de notificación ao interesado, en cumprimento do disposto no artigo 59.5 da Lei 30/1992, do 26 de novembro. A eficacia desta notificación queda supeditada á súa publicación no taboleiro de edictos único (TEU) no Boletín Oficial del Estado (BOE).

Santiago de Compostela, 19 de abril de 2017

Borja Verea Fraiz
Secretario xeral técnico da Consellería de Economía, Emprego e Industria