Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 83 Martes, 2 de maio de 2017 Páx. 21635

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía, Emprego e Industria

ANUNCIO do 4 de abril de 2017, da Secretaría Xeral de Emprego, polo que se notifica a resolución ditada nun recurso administrativo, devolta polo servizo de Correos por resultar descoñecido o seu destinatario ou ben porque, intentada a notificación, non se puido efectuar.

De conformidade co disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (BOE núm. 236, do 2 de outubro), notifícaselle á persoa que no anexo se relaciona a resolución ditada no recurso administrativo, devolta polo servizo de Correos por resultar descoñecido o seu destinatario ou ben porque, intentada a notificación, non se puido efectuar.

Segundo establece o artigo 46 da citada lei, os interesados dispoñen dun prazo de dez días, contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia, para examinaren a resolución da Secretaría Xeral de Emprego da Consellería de Economía, Emprego e Industria, situada no Complexo Administrativo San Lázaro, s/n, en Santiago de Compostela.

Fáiselle saber que contra a dita resolución, definitiva na vía administrativa, cabe recurso contencioso administrativo perante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses contados a partir do día seguinte ao da notificación.

Santiago de Compostela, 4 de abril de 2017

Covadonga Toca Carús
Secretaria xeral de Emprego

ANEXO

Recurso: alzada.

Expediente: Dzero, S. Coop. Galega, en constitución.

Recorrente/interesado: Sergio Rodrigues Julio.

Resolución: desestimatoria.