No uso das competencias atribuídas a esta xefatura territorial, en virtude do disposto no artigo 59.5 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, ao seren devoltas polo servizo de Correos as notificacións enviadas no seu día, requírese a persoa citada no anexo para que, no prazo de dez (10) días contados desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio, compareza persoalmente ou debidamente representada no Servizo de Traballo e Economía Social da Xefatura Territorial da Coruña (rúa Salvador de Madariaga, 9, 1º), das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres, para ter coñecemento do contido do requirimento, advertíndoa de que, de non facelo así, se considerará notificada cos efectos que correspondan.
Así mesmo, fáiselle saber que dispón do prazo de dez (10) días hábiles, a partir do día seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia, para achegar a documentación requirida.
A Coruña, 19 de abril de 2017
Isidoro Martínez Arca
Xefe territorial da Coruña
ANEXO
Expediente: TR341D 2015/1995-1.
Asunto: requirimento de documentación.
Solicitante: Tasende Alvedro, María Luz.
DNI: 32834794V.
Concello: Arteixo.
Materia: subvención polo establecemento como persoa traballadora autónoma ou por conta propia.