Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 82 Venres, 28 de abril de 2017 Páx. 21409

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía, Emprego e Industria

ACORDO do 6 de abril de 2017, da Xefatura Territorial da Coruña, polo que se somete a información pública a solicitude de autorización administrativa previa, de construción e declaración de utilidade pública, en concreto, dunha instalación de distribución eléctrica no concello de Vilarmaior (expediente IN407A 2017/057).

Expediente: IN407A 2017/057.

Solicitante: Unión Fenosa Distribución, S.A.

Denominación: LMTS CTC RBT Os Chaos.

Concello: Vilarmaior.

Características técnicas:

Liña eléctrica de media tensión subterránea a CT Os Chaos, a 15 kV, cunha lonxitude de 1009 m, coa orixe no paso de aéreo a subterráneo que se realizará no apoio nº 38-A-3 existente da LMT PED-709, anterior á derivación ao CT Breanca (expediente 25,679), condutor tipo RHZ1-2OL-12/20 kV-3(1×240) AI, e final no CT Os Chaos proxectado.

Centro de transformación prefabricado Os Chaos, cunha potencia de 250 kVA, e unha relación de transformación de 15.000/400-230 V.

Lexislación de aplicación:

– Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (BOE núm. 236, do 2 de outubro).

– Lei 40/2015, do 1 de outubro, de réxime xurídico do sector público (BOE núm. 236, do 2 de outubro).

– Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico (BOE núm. 310, do 27 de decembro).

– Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica (BOE núm. 310, do 27 de decembro).

– Resolución do 19 de febreiro de 2014 pola que se aproba o procedemento de autorización administrativa de construcción, de acordo co previsto na Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico (DOG núm. 54, do 19 de marzo de 2014).

– Lei do 16 de decembro de 1954, sobre expropiación forzosa (BOE núm. 351, do 17 de decembro).

– Decreto do 26 de abril de 1957, polo que se aproba o Regulamento da Lei de expropiación forzosa (BOE núm. 160, do 20 de xuño).

A relación concreta e individualizada dos bens e dereitos afectados que se considera de necesaria expropiación figura no anexo que se xunta a este acordo.

A declaración de utilidade pública, segundo o artigo 56 da Lei 24/2013, do sector eléctrico, levará implícita, en todo caso, a necesidade de ocupación dos bens ou de adquisición dos dereitos afectados e implicará a urxente ocupación para os efectos do artigo 52 da Lei de expropiación forzosa.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán examinar o expediente e presentar alegacións no Servizo de Enerxía e Minas da Xefatura Territorial de Economía, Emprego e Industria, sita na rúa Vicente Ferrer, 2, 2ª planta, 15071 A Coruña, no prazo de vinte días, a partir do día seguinte ao da última publicación deste acordo.

Así mesmo, para dar cumprimento ao disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, cando as persoas propietarias ou titulares de dereitos sobre predios afectados sexan descoñecidos, se ignore o lugar de notificación ou ben, intentada esta, non se puidese practicar, a notificación farase por medio dun anuncio publicado no Boletín Oficial del Estado.

A Coruña, 6 de abril de 2017

Isidoro Martínez Arca
Xefe territorial da Coruña

Anexo

Expediente: IN407A 2017/057.

Solicitante: Unión Fenosa Distribución, S.A.

Denominación: LMTS CTC RBT Os Chaos.

Concello: Vilarmaior.

Relación de propietarios, bens e dereitos afectados:

Número de predio: 2.

Lugar: Breanca.

Cultivo: prado.

Propietario: Óscar e Alma Garabana López.

Afección de solo en pleno dominio: centro transformación, caseta - 21.0 m2.