Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 82 Venres, 28 de abril de 2017 Páx. 21412

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía, Emprego e Industria

RESOLUCIÓN do 31 de marzo de 2017, da Xefatura Territorial de Ourense, pola que se somete a información pública a petición das autorizacións administrativas previa e de construción dunha instalación solar fotovoltaica no concello de Ramirás (expediente IN408A 2017/2-3).

Para os efectos previstos na Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico, no artigo 125 do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, e na disposición adicional 5ª do Real decreto 900/2015, do 9 de outubro, polo que se regulan as condicións administrativas, técnicas e económicas das modalidades de subministración de enerxía eléctrica con autoconsumo e de produción con autoconsumo, sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se describe:

Solicitante: Mosquera Villavidal, S.L.

Domicilio social: Vilavidal, 17, 32811 Ramirás (Ourense).

Denominación: instalación solar fotovoltaica Mosquera Villavidal, de autoconsumo de 112,5 kW de potencia nominal e 132,6 kWp.

Situación: sobre cuberta da nave de Mosquera Villavidal, S.L. en Vilavidal, 17, Ramirás.

Características técnicas:

Superficie de 1.820 m2 ocupada con 520 módulos de 255 Wp por unidade, constituídos por células fotovoltaicas de silicio policristalino de alta eficiencia, modelos WS-255 de Waaree, con 1 inversor Kaco 14.0 TL3 12,5 kW e 2 máis Kaco 60.0 TL3 de 50 kW/ud. A conexión da instalación fotovoltaica realízase no cadro xeral da rede interior do inmoble.

Orzamento: 176.357,50 euros.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presentar as súas alegacións, dirixidas a esta xefatura territorial, Curros Enríquez, 1-4º, 32872 Ourense, no prazo de vinte días. Así mesmo, e durante o mencionado prazo, tamén se poderá examinar o proxecto da instalación.

Ourense, 31 de marzo de 2017

O xefe territorial de Ourense
P.S. (Decreto 175/2015, artigo 62.3)
Juan Ramón Velasco González
Xefe do Servizo de Administración Industrial