Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 82 Venres, 28 de abril de 2017 Páx. 21407

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Infraestruturas e Vivenda

ANUNCIO do 10 de abril de 2017, da Subdirección Xeral de Inspección do Transporte, polo que se notifican as resolucións ditadas nos expedientes sancionadores en materia de transportes terrestres devoltas polo servizo de Correos porque, intentada a notificación, non se puido efectuar (expediente DX-00209-I-2016 e cinco máis).

O director xeral de Mobilidade ditou a resolución dos expedientes sancionadores número DX-00209-I-2016 e cinco máis por infracción da normativa sobre transporte terrestre.

Intentada a notificación da resolución por correo certificado con xustificante de recepción no domicilio que consta no correspondente expediente sancionador, esta foi devolta polo servizo de Correos. Por este motivo e de conformidade co artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, a notificación efectúase por medio dun anuncio publicado no Boletín Oficial del Estado (BOE), que previamente se publica no Diario Oficial de Galicia. En consecuencia, mediante este anuncio notifícanse as resolucións ditadas ás persoas interesadas.

Infórmaselles que os expedientes sancionadores se atopan á súa disposición nas oficinas da Subdirección Xeral de Inspección do Transporte, situadas na Praza de Europa, 5 A, 2º, en Santiago de Compostela.

Comunicáselles que contra dita resolución, que non é definitiva na vía administrativa, cabe recurso de alzada ante a persoa titular da Consellería de Infraestruturas e Vivenda, no prazo dun mes contado desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio no BOE.

No caso de conformidade coa resolución sancionadora, a persoa interesada deberá aboar a multa imposta, empregando o modelo impreso que se facilitará na Subdirección Xeral de Inspección do Transporte.

No caso de non presentar recurso de alzada e non pagar a sanción imposta, procederase ao seu cobramento pola vía de constrinximento segundo o previsto na normativa vixente.

Santiago de Compostela, 10 de abril de 2017

David Conde Varela
Subdirector xeral de Inspección do Transporte

ANEXO

Expediente

Matrícula

Persoa sancionada

DNI/CIF

Infracción cometida

Data-hora-estrada-p.q.

Precepto cualificador

Precepto sancionador

Sanción imposta

DX-00209-I-2016

Obstrución

Hormigones Valdeorras, S.A.

A32012528

A negativa ou obstrución á actuación dos servizos de inspección que imposibiliten total ou parcialmente o exercicio das funcións que legal ou regulamentariamente teñan atribuídas.

16.5.2016; 10.05

Art. 140.12 LOTT

Art. 143.1.i) LOTT

4.001 euros

DX-00210-I-2016

Obstrución

Domingo Pérez Gómez

10017078A

A negativa ou obstrución á actuación dos servizos de inspección que imposibiliten total ou parcialmente o exercicio das funcións que legal ou regulamentariamente teñan atribuídas.

16.5.2016; 10.19

Art. 140.12 LOTT

Art. 143.1.i) LOTT

4.001 euros

DX-00212-I-2016

Obstrución

Minero-trans Galicia, S.L.

B27215359

A negativa ou obstrución á actuación dos servizos de inspección que imposibiliten total ou parcialmente o exercicio das funcións que legal ou regulamentariamente teñan atribuídas.

16.5.2016; 10.34

Art. 140.12 LOTT

Art. 143.1.i) LOTT

4.001 euros

LU-00758-O-2016

5086-FCP

Badiartrucks, S.L.

B65862104

A carencia a bordo do vehículo das follas de rexistro dos tempos de condución e descanso xa utilizadas ou dos documentos de impresión que resulte obrigatorio levar, con independencia do tipo de tacógrafo, analóxico ou dixital, que se estea utilizando.

14.4.2016; 12.15; AG64; 55,9

Art. 140.35 LOTT

Art. 143.1.g) LOTT

1.001 euros

PO-02703-O-2016

7038-CNK

Escenarent, S.L.

B36463446

A realización de transporte ao abeiro de autorizacións de transporte privado complementario de servizos que non cumpren algunha das condicións do artigo 102.2 LOTT.

19.3.2016; 18.42; N640; 222,0

Art. 140.1 LOTT

Art. 143.1.i) LOTT

4.001 euros

XC-01222-O-2016

2938-DSP

Lorenzo Agtrans, S.L.

B15936891

Realizar transporte público ao abeiro dunha autorización caducada, revogada ou que por calquera outra causa tivera perdido a sua validez.

4.3.2016; 17.21; AG-11; 40,0

Art. 140.1 LOTT

Art. 143.1.i) LOTT

4.001 euros