A persoa titular do Servizo de Mobilidade da Coruña acordou a incoación do expediente sancionador XC-00580-O-2017 e seis máis por infracción da normativa sobre transporte terrestre.
Intentada a notificación do acordo de incoación por correo certificado con xustificante de recepción no domicilio que consta no correspondente expediente sancionador, esta foi devolta polo servizo de Correos. Por este motivo e de conformidade co artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, a notificación efectúase por medio dun anuncio publicado no Boletín Oficial del Estado (BOE), que previamente se publica no Diario Oficial de Galicia. En consecuencia, mediante este anuncio notifícanse os acordos de incoación ditados ás persoas interesadas.
Infórmaselles que os expedientes sancionadores se atopan á súa disposición nas oficinas do Servizo de Mobilidade da Coruña.
Outorgáselles un prazo quince días hábiles contado desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio no BOE para alegar o que consideren conveniente, presentando ou propoñendo as probas que consideren oportunas.
No suposto que decida voluntariamente pagar a sanción antes de que transcorran trinta días contados desde o seguinte ao da publicación do presente anuncio no BOE, a súa contía reducirase nun 30 % na forma prevista no artigo 146.3 da Lei 16/1987, do 30 de xullo, de ordenación dos transportes terrestres. A realización do dito pagamento implica a conformidade cos feitos denunciados, a renuncia a formular alegacións por parte da persoa interesada e a terminación do procedemento sancionador.
A Coruña, 6 de abril de 2017
César Concheiro Ceide
Instrutor xefe do Servizo de Mobilidade da Coruña
ANEXO
Expediente Matrícula |
Denunciado DNI/CIF |
Infracción denunciada Data-Hora-Estrada-p.q. |
Precepto cualificador |
Precepto sancionador |
Sanción proposta |
XC-00580-O-2017 7738-JFC |
Transportes TGJM Bierzo, S.L. B24688095 |
Exceso no tempo de condución bisemanal (90 horas). Máis de 90 horas ata 100 horas. 16.11.2016; 11.59; N634; 709,5 |
Art. 142.17 LOTT |
Art. 143.1.a) LOTT |
100 euros |
XC-00581-O-2017 7738-JFC |
Transportes TGJM Bierzo, S.L. B24688095 |
A condución sen respectar as pausas regulamentariamente exixidas. Superior a 4 horas e 30 minutos e inferior ou igual a 5 horas. 16.11.2016; 12.06; N634; 709,5 |
Art. 142.17 LOTT |
Art. 143.1.a) LOTT |
100 euros |
XC-00620-O-2017 8975-FFK |
Agrocosta, S.L. B27110824 |
Transportar mercadorías perigosas utilizando vehículos ou colectores carecendo da marca de advertencia para materias que presentan un risco de asfixia cando se usan para fins de refrixeración ou acondicionamento, cando sexa aplicable, así como levala ilexible. 30.1.2017; 16.40; N547; 47,5 |
Art. 140.15.5 LOTT |
Art. 143.1.i) LOTT |
801 euros |
XC-00683-O-2017 6943-HXS |
Transfober, S.L. B70216791 |
A condución sen respectar as pausas regulamentariamente exixidas. Superior a 4 horas e 30 minutos e inferior ou igual a 5 horas. 13.11.2016; 15.29; A-6; 560,5 |
Art. 142.17 LOTT |
Art. 143.1.a) LOTT |
100 euros |
XC-00814-O-2017 4123-HBD |
Carmen Aldrey Piñeiro y Otros, S.C. J15425044 |
Non levar a bordo do vehículo a documentación formal que acredite a posibilidade legal de prestar o servizo. 17.2.2017; 5.36; AP-9; 79,5 |
Art. 142.8 LOTT |
Art. 143.1.b) LOTT |
201 euros |
XC-00819-S-2017 7960JHN |
Albemar Pex, S.L. B94130648 |
Atenuante. Realizar transporte público de mercadorías utilizando un condutor que carece do CAP, se o obtén no prazo de 6 meses desde a data da denuncia. 17.2.2017; 8.35; N634; 0693,000 |
Art. 140.18 LOTT |
Art. 143.1.k) LOTT Art. 143.1.e) LOTT |
601 euros |
XC-00823-S-2017 4893JDW |
Remansede de T.D.T., S.L. B70105648 |
Atenuante. Realizar transporte público en vehículo lixeiro ao abeiro dunha autorización caducada, revogada ou que por calquera outra causa perdese a súa validez. 17.2.2017; 10.20 |
Art. 141.25 LOTT |
Art. 143.1.k) LOTT |
801 euros |