Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 80 Mércores, 26 de abril de 2017 Páx. 19424

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 4 de Pontevedra

EDICTO (575/2016).

DSP. Despedimento/cesamentos en xeral 575/2016

Procedemento de orixe: sobre despedimento

Demandante: Natalia Corredoira Míguez

Avogada: María Teresa Martí Malonda

Demandados: Fondo de Garantía Salarial, Pescados Castro Varela, S.L.U.

Eu, Blanca Susana Janeiro Amela, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 4 de Pontevedra, fago saber que no procedemento de despedimento/cesamentos en xeral 575/2016 deste xulgado do social, seguido por instancia de Natalia Corredoira Míguez contra o Fondo de Garantía Salarial e a empresa Pescados Castro Varela, S.L.U., sobre despedimento, se ditou a seguinte resolución cuxa parte dispositiva se xunta:

«Resolvo que estimo a demanda interposta por Natalia Corredoira Míguez, declaro improcedente o despedimento da traballadora demandante e, así mesmo, declaro extinguida a relación contractual entre a traballadora e a empresa demandada, e condeno esta a que lle aboe á demandante a seguinte cantidade en concepto de indemnización: 1.163,89 euros.

Igualmente, condeno a demandada a aboarlle á demandante a cantidade de 9.905,02 euros por cantidades debidas, suma que devindicará o xuro que por mora establece o artigo 29.3 do Estatuto dos traballadores.

Contra a presente resolución cabe interpor recurso de suplicación, ante a Sala do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, conforme establecen o artigo 191 e seguintes da Lei reguladora da xurisdición social, que se deberá anunciar dentro dos cinco días seguintes ao da notificación desta sentenza. A recorrente deberá consignar, coa interposición do recurso e coas excepcións previstas no artigo 229 do texto citado, a suma de 300 euros na conta que este xulgado ten aberta na oficina principal de Banesto desta cidade, baixo a denominación “Depósitos e consignacións”, co número 5081, especificando a clave 65 ao tratarse dun recurso de suplicación.

Así mesmo, e coa excepción prevista no artigo 230 do texto mencionado, será indispensable acreditar, no momento do anuncio do recurso, ter consignado na conta anteriormente citada a cantidade obxecto de condena, ben que se pode asegurar a suma por medio de aval bancario, con responsabilidade do avalista.

Así o pronuncio, mando e asino por esta sentenza».

Para que sirva de notificación en legal forma a Pescados Castro Varela, S.L.U., en ignorado paradoiro, expido este edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírteselle á destinataria que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo no suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

Pontevedra, 30 de marzo de 2017

A letrada da Administración de xustiza