Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 78 Luns, 24 de abril de 2017 Páx. 19124

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Ourense

ANUNCIO polo que se dá publicidade á sentenza 47/2017 no procedemento ordinario 4213/2012 (expediente Planeamento 548/09).

Auto da Sección Segunda da Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, polo que se lle dá publicidade á parte dispositiva da sentenza 47/2017, do 9 de febreiro de 2017.

Visto pola Sección Segunda da Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia o procedemento ordinario 4213/2012 contra o acordo do Pleno do Concello de Ourense do 20 de xaneiro de 2012, que aprobou definitivamente o Plan especial de protección do BIC coa categoría de sitio histórico do conxunto das fontes termais das Burgas e o seu contorno delimitado, interposto por Xardín das Burgas, S.A., ditouse sentenza 47/2017, do 9 de febreiro, pola que se estima parcialmente o recurso contencioso-administrativo interposto.

Polo tanto, de conformidade co disposto nos artigos 72 e 107 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa, e co fin de levar a puro e debido efecto a dita sentenza, resólvese dar publicidade a súa parte dispositiva, que a seguir se transcribe:

«Por todo o exposto, en nome do rei, pola la autoridade que lle confire a Constitución, esta sala decidiu estimar parcialmente o recurso contencioso-administrativo interposto por Xardín das Burgas, S.A., contra acordo do Pleno do Concello de Ourense, do 20 de xaneiro de 2012, de aprobación definitiva do Plan especial de protección do ben de interese cultural coa categoría de sitio histórico do conxunto das fontes termais das Burgas e o seu contorno delimitado e, en consecuencia, anular o mencionado acordo plenario municipal do 20 de xaneiro de 2012, o cal é contrario a dereito; sen imposición de custas.

Contra esta sentenza cabe interpor, ben ante o Tribunal Supremo, ben ante a correspondente sección desta sala, o recurso de casación previsto no artigo 86 da Lei xurisdicional, que se deberá preparar mediante escrito que se presentará nesta sala no prazo de trinta días e cumprindo os requisitos indicados no artigo 89.2 da dita lei».

A Xunta de Goberno Local, en sesión ordinaria do 9 de marzo de 2016, no punto 6 da orde do día acordou non recorrer contra a sentenza.

Ourense, 27 de marzo de 2017

Jesús Vázquez Abad
Alcalde presidente