Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 78 Luns, 24 de abril de 2017 Páx. 19022

V. Administración de xustiza

Xulgado de Primeira Instancia número 5 de Ferrol

EDICTO (DCT 755/2016).

Cédula de notificación.

No procedemento de referencia ditouse a resolución do teor literal seguinte:

Sentenza.

En Ferrol o 16 de marzo de 2017.

Vistos por Montserrat Matos Salgado, xuíza substituta do Xulgado de Primeira Instancia número 5 de Ferrol, os autos de divorcio contencioso número 755/2016, seguidos por instancia de Susana Sola Rodríguez, que comparece representada pola procuradora Sra. Roca Rodríguez e asistida pola letrada Sra. Suárez Pérez, contra Rigoberto Rodríguez Collazo, en situación de rebeldía procesual, con intervención do Ministerio Fiscal.

Decido que, estimando parcialmente a demanda de divorcio interposta por instancia de Susana Sola Rodríguez, que comparece representada pola procuradora Sra. Roca Rodríguez e asistida pola letrada Sra. Suárez Pérez, contra Rigoberto Rodríguez Collazo, en situación de rebeldía procesual, con intervención do Ministerio Fiscal, debo acordar e acordo:

1º) A disolución do matrimonio formado por Susana Sola Rodríguez e Rigoberto Rodríguez Collazo, que figura inscrito no Rexistro do Estado Civil da República de Cuba, Guanabacoa, Cidade da Habana, tomo 47, folio número 406, con todos os efectos inherentes á devandita declaración.

2º) A revogación de poderes e consentimentos que se outorgaron e aínda vixentes, con todos os efectos inherentes a tal pronunciamento, con disolución do réxime económico ganancial en virtude do disposto no artigo 1392.1º CC.

3º) Atribúese a ambos os proxenitores a patria potestade das fillas comúns menores Melany e Eleany, e a garda e custodia é para a nai, sen establecer réxime de visitas en favor do pai.

4º) En canto á pensión de alimentos, fíxase a contía que debe satisfacer o pai polo concepto citado en 200 euros mensuais para cada filla, isto é, un total de 400 euros mensuais, que se aboarán os primeiros 5 días de cada mes na conta que facilite a nai, que se actualizará conforme o IPC.

5º) Non se efectúa especial pronunciamento sobre custas procesuais, vista a natureza do proceso e as cuestións debatidas neste.

Ofíciese ao rexistro civil correspondente para a práctica dos asentos que sexan necesarios.

Notifíquese a presente resolución ás partes, facéndolles saber que contra ela poderá interpoñer recurso de apelación ante a Audiencia Provincial da Coruña, no prazo de vinte días contados a partir do seguinte ao da súa notificación.

Así o pronuncia, manda e asina, Montserrat Matos Salgado, xuíza substituta do Xulgado de Primeira Instancia número 5 de Ferrol.

E, como consecuencia do ignorado paradoiro de Rigoberto Rodríguez Collazo, expídese a presente para que sirva de cédula de notificación.

Ferrol, 17 de marzo de 2017

O/a letrado/a da Administración de xustiza