Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 77 Venres, 21 de abril de 2017 Páx. 18797

III. Outras disposicións

Instituto Enerxético de Galicia

CORRECCIÓN DE ERROS. Resolución do 14 de marzo de 2017 pola que se aproban as bases reguladoras das subvencións para a creación, mellora e ampliación de pequenas infraestruturas para proxectos de enerxías renovables, cofinanciadas co Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader) no marco do PDR de Galicia 2014-2020, e se anuncia a convocatoria para o ano 2017.

Advertidos erros na dita resolución, publicada no Diario Oficial de Galicia número 58, do 23 de marzo de 2017, cómpre facer a seguinte corrección:

Na páxina 13982, artigo 7, número 1, letra g), parágrafo segundo, onde di: «Con independencia do importe do gasto subvencionable, deberán solicitarse, como mínimo, tres ofertas de diferentes provedores para todos os gastos incluídos no proxecto que se pretende levar a cabo. As ofertas deberán vir asinadas electronicamente pola empresa que as emite», debe dicir: «Con independencia do importe do gasto subvencionable, deberán solicitarse, como mínimo, tres ofertas de diferentes provedores para todos os gastos incluídos no proxecto que se pretende levar a cabo. As ofertas deberán vir asinadas, preferentemente de forma electrónica, pola empresa que as emite».