Aprobada inicialmente, mediante Acordo do Pleno do 23 de marzo de 2017, a seguinte modificación puntual das normas subsidiarias de planeamento municipal de Salvaterra de Miño:
– Modificación puntual nº 1. Muros de contención, muros de peche e movementos de terra.
– Modificación puntual nº 2. Fóra de ordenación.
– Modificación puntual nº 3. Incremento de usos permitidos na ordenanza 1.3 e ordenanza 1.4.
De conformidade co artigo 60.6 da Lei 2/2016, do 10 de febreiro, do solo de Galicia, sométese a información pública polo prazo de dous meses contados desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia.
Durante o citado prazo poderá ser examinado por calquera interesado nas dependencias municipais para que se formulen as alegacións que se consideren pertinentes.
Salvaterra de Miño, 27 de marzo de 2017
Arturo Grandal Vaqueiro
Alcalde