Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 77 Venres, 21 de abril de 2017 Páx. 18918

VI. Anuncios

b) Administración local

Deputación Provincial de Ourense

ANUNCIO de licitación, polo procedemento aberto, para a contratación do seguro de riscos patrimoniais, persoais e de responsabilidade civil derivados do uso dos vehículos de motor.

No perfil do contratante publícanse íntegros os pregos de condicións para a contratación do seguro de riscos patrimoniais, persoais e de responsabilidade civil derivados do uso dos vehículos de motor da Deputación Provincial de Ourense, cunha prima anual máxima de 125.000,00 € (IVE e demais tributos incluídos). As proposicións presentaranse ata as 14.00 horas do día 26 de maio de 2017, no Rexistro da Deputación Provincial de Ourense ou por correo. A apertura de proposicións terá lugar de conformidade co disposto na cláusula XII do prego de condicións. A documentación necesaria e demais datos figuran no prego de condicións ao cal se poderá acceder gratuitamente a través do perfil do contratante na web da Deputación www.depourense.es. As solicitudes de información poderanse formular telefonicamente (988 31 75 40) perante o Servizo de Contratación.

Sen prexuízo de calquera outro recurso que se considere procedente, o prego de condicións, os anuncios de licitación e os demais documentos contractuais que establezan as condicións que teñan que rexer a licitación serán susceptibles de recurso especial en materia de contratación, ante o Tribunal Administrativo Central de Recursos Contractuais, no prazo de quince días hábiles e, alternativamente, de recurso contencioso-administrativo, perante o Xulgado do Contencioso-Administrativo de Ourense, no prazo de dous meses, contados ambos os prazos desde o día seguinte ao da publicación dos anuncios de licitación ou, de ser o caso, da última publicación (se non son simultáneos).

Ourense, 4 de abril de 2017

José Manuel Baltar Blanco
Presidente da Deputación Provincial de Ourense