Aprobada a modificación dos artigos 4, 15 (puntos 9, 10 e 11), 24, 26, 28, 57, 77 e 78 (punto 1) dos estatutos da Federación Galega de Piragüismo na asemblea xeral extraordinaria do 17 de decembro de 2016, e ratificada pola Secretaría Xeral para o Deporte na Resolución do 26 de xaneiro de 2017, comunicada á Federación con data do 7 de febreiro, anúnciase a modificación dos citados artigos e deposítase unha copia íntegra deles no Rexistro de Entidades Deportivas de Galicia.
Pontevedra, 23 de marzo de 2017
José Alfredo Bea García
Presidente da Federación Galega de Piragüismo