Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 77 Venres, 21 de abril de 2017 Páx. 18915

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Mos

ANUNCIO de licitación da xestión do servizo público das ludotecas municipais.

Na Xunta de Goberno Local do 16 de marzo de 2017, aprobouse o expediente de contratación da xestión do servizo público das ludotecas municipais do concello de Mos.

Durante o prazo de presentación de instancias permanecerán, así mesmo, expostos os correspondentes pregos e poderanse presentar as alegacións que se entendan oportunas.

1. Entidade adxudicadora: Concello de Mos.

2. Obxecto do contrato: xestión do servizo público das ludotecas municipais do concello de Mos.

3. Prazo de duración: dous (2) anos prorrogables por outros dous.

4. Procedemento: aberto.

5. Canon anual mínimo: 1.000 euros/ano, ao cal se lle engadirá o IVE.

6. Garantías. Provisoria: non se exixe. Definitiva: 50 % do valor do canon anual ofertado e, en todo caso, por contía mínima de 2.000 euros.

7. Obtención de información e documentación: a través da páxina web do Concello: http://www.concellomos.es/ e no Concello de Mos. R/ Reguengo, 1, Petelos. 36416 Mos. Pontevedra. Teléfono: 986 33 12 00, telefax: 986 33 66 18.

8. Requisitos xerais do contratista: sinalados no prego de condicións administrativas. Clasificación: non se exixe.

9. Presentación de proposicións:

a) Prazo e lugar: no Concello de Mos (Pontevedra) durante os quince (15) días naturais desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio no último boletín (DOG ou BOP), das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres, no Rexistro Xeral do Concello ou por calquera outro medio a que se refire o artigo 16 da Lei 39/2015.

b) Documentación que cómpre presentar: as proposicións en sobres pechados, coas inscricións e a documentación que se sinala nos pregos de condicións.

10. Apertura das ofertas: na casa do concello de Mos, o sexto día hábil seguinte ao da finalización do prazo para a presentación de proposicións (para efectos da apertura, o sábado considerarase inhábil).

11. Gastos de anuncios: serán por conta do adxudicatario.

Mos, 21 de marzo de 2017

Nidia Mª Arévalo Gómez
Alcaldesa