Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 77 Venres, 21 de abril de 2017 Páx. 18914

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Parlamento de Galicia

RESOLUCIÓN do 19 de abril de 2017 pola que se abre de novo o prazo para a presentación de ofertas na contratación administrativa para a subministración dun automóbil en réxime de arrendamento sen opción de compra (renting).

No Boletín Oficial do Parlamento de Galicia núm. 100, do 19 de abril de 2017, publicouse unha corrección de erros no prego de cláusulas administrativas que rexe esta contratación administrativa.

Conforme o establecido no artigo 75 do Regulamento xeral da Lei de contratos das administracións públicas, procede abrir de novo o prazo de presentación de proposicións.

Por tanto,

RESOLVO:

Abrir de novo o prazo para a presentación de proposicións durante quince días naturais contados desde o día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia.

Se o último día de prazo for inhábil, este entenderase prorrogado ao primeiro día hábil seguinte.

Santiago de Compostela, 19 de abril de 2017

Miguel Ángel Santalices Vieira
Presidente do Parlamento de Galicia