Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 77 Venres, 21 de abril de 2017 Páx. 18825

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 5 de Reforzo da Coruña

EDICTO (887/2016).

Eu, Marta Yanguas del Valle, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 5 de Reforzo da Coruña, fago saber que no procedemento de despedimento/cesamentos en xeral 887/2016 deste xulgado do social, seguido por instancia de Brais Oliveira Sanjurjo contra ATUNICE, S.A. e Fogasa, sobre despedimento, se ditou a seguinte resolución:

Xulgado do Social número 5 de Reforzo da Coruña

Sentenza 170/2017

Xuíz: Javier López Cotelo

Procedemento: despedimento 887/2016

Demandante: Brais Oliveira Sanjurjo

Letrado: Sr. Ferrero Ferrero

Demandada: ATUNICE, S.A.

Fogasa

Sentenza nº 170/2017

A Coruña, 16 de marzo de 2017

Resolvo:

1º. Estimo a demanda sobre despedimento formulada por Brais Oliveira Sanjurjo contra a empresa ATUNICE, S.A. e, en consecuencia, declaro a improcedencia do despedimento e a extinción da relación laboral con data desta sentenza. Todo isto con condena da empresa ao aboamento da indemnización detallada no ordinal segundo desta resolución.

2º. A indemnización que deberán aboar as empresas demandadas, segundo o disposto no ordinal anterior, ascende á cantidade de 13.605,65 euros.

3º. Condeno a empresa demandada a que lle aboe ao traballador os salarios de tramitación desde a data do despedimento á data da extinción da relación laboral no día de hoxe a razón de 44,01 €/día, o que dá a cantidade de 39.917,07 euros.

4º. O Fogasa deberase ater ao decidido nesta resolución.

Inscríbase esta resolución no libro de sentenzas e déixese testemuño dela neste procedemento.

Notifíqueselles esta sentenza ás partes e advírtaselles que contra ela se poderá interpor recurso de suplicación, ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, o cal se deberá anunciar neste xulgado no prazo dos cinco días seguintes ao da notificación desta resolución por comparecencia ou mediante escrito, pasados os cales se declarará firme e se procederá ao seu arquivamento.

Así o pronuncia, manda e asina, Javier López Cotelo, xuíz social de reforzo.

Publicación. A anterior sentenza foi lida e publicada polo xuíz que a subscribe no día da súa data, do cal eu, a letrada da Administración de xustiza, dou fe.

Para que sirva de notificación en legal forma a ATUNICE, S.A., en ignorado paradoiro, expido este edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírteselle á destinataria que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo no suposto da comunicación das resolucións que sexan auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

A Coruña, 28 de marzo de 2017

A letrada da Administración de xustiza