Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 77 Venres, 21 de abril de 2017 Páx. 18827

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 5 de Reforzo da Coruña

EDICTO (1217/2015).

Eu, Marta Yanguas del Valle, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 5 de Reforzo da Coruña, fago saber que no procedemento ordinario 1217/2015 deste xulgado do social, seguido por instancia de Sergio Astray Montero contra Fogasa e Intersteel Structures, S.L., sobre ordinario, se ditou a seguinte resolución:

«Xulgado do Social número 5 de Reforzo da Coruña

Sentenza 172/2017

PO. Procedemento ordinario 1217/2015

Procedemento de orixe: sobre ordinario

Demandante: Sergio Astray Montero

Avogada: María Ángeles Perille Arribe

Sentenza

Na Coruña o 20 de marzo de 2017.

Resolvo:

Que debo estimar e estimo a demanda presentada por Sergio Astray Montero e condeno a empresa Intersteel Structures, S.L. a aboarlle ao demandante a cantidade de 626,87 euros e o 10 % de xuro moratorio aplicado sobre os conceptos salariais.

Con intervención procesual do Fogasa.

Notifíqueselles esta resolución ás partes e fágaselles saber que contra ela non cabe recurso.

Dedúzase testemuño literal desta sentenza, que quedará nestas actuacións, con inclusión da orixinal no libro de sentenzas.

Así o pronuncio, mando e asino por esta miña sentenza».

Publicación. A anterior sentenza foi lida e publicada polo xuíz que a subscribe no día da súa data, do cal eu, a letrada da Administración de xustiza, dou fe.

Para que sirva de notificación en legal forma a Intersteel Structures, S.L., en ignorado paradoiro, expido este edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírteselle á destinataria que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo no suposto da comunicación das resolucións que sexan auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

A Coruña, 28 de marzo de 2017

A letrada da Administración de xustiza