Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 76 Xoves, 20 de abril de 2017 Páx. 18608

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela

EDICTO de notificación de resolución (CUA 533/2016).

Eu, María Teresa Vázquez Abades, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela, fago saber que no procedemento conta de avogados 533/2016 deste xulgado do social, seguido por instancia de Julián Ramos Zapata contra a empresa O Camiño 1, S.C., Eva María Lajos Carou, Rocío Campaña Laíño, sobre despedimento, foi ditada a resolución cuxa parte dispositiva di:

«Antecedentes de feito.

Primeiro. Por resolución do 15 de xullo de 2016 acordouse requirir a O Camiño 1, S.C., Eva María Lajos Carou e Rocío Campaña Laíño, para que no prazo de dez días aboase a cantidade de mil oitocentos quince euros (1.815 euros) que, por honorarios reclamaba, ou ben para que os impugnase.

Segundo. Transcorreu o prazo concedido sen que conste o pagamento nin se formulase oposición.

Fundamentos de dereito.

Primeiro. De conformidade co disposto no artigo 35.3 da LAC, e non constando o pagamento nin a oposición aos honorarios reclamados, procede o arquivamento do presente procedemento, sen prexuízo de que a parte inste a súa execución pola vía de constrinximento.

Parte dispositiva.

Acordo:

– Ter por finalizado e arquivar o presente procedemento, sen prexuízo de que a parte interesada inste a execución pola vía de constrinximento, que, se for o caso, deberá presentar como demanda de execución e rexistrarse como tal.

A letrada da Administración de xustiza».

E para que sirva de notificación en legal forma a O Camiño 1, S.C., Eva María Lajos Carou, Rocío Campaña Laíño, en ignorado paradoiro, expido este edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia e fixación no taboleiro de anuncios do xulgado.

Advírtese ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo no suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

Santiago de Compostela, 29 de marzo de 2017

A letrada da Administración de xustiza