Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 76 Xoves, 20 de abril de 2017 Páx. 18664

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Mar

ANUNCIO do 4 de abril de 2017, da Dirección Xeral de Pesca, Acuicultura e Innovación Tecnolóxica, polo que se notifica a resolución pola que se autoriza para realizar a primeira venda de produtos pesqueiros dos que non sexa obrigada a súa primeira venda en lonxa (expediente PE627A-2016/0000238).

De conformidade co disposto nos artigos 44 e 46 da Lei 39/ 2015, do 1 de outubro (BOE núm. 236, do 2 de outubro), do procedemento administrativo común das administracións públicas, logo de ser intentada sen éxito a notificación persoal a través do servizo de Correos, notifícase á persoa interesada que se sinala no anexo deste anuncio a resolución pola que se autoriza para realizar a primeira venda de produtos pesqueiros dos que non sexa obrigada a súa primeira venda en lonxa por medio do presente anuncio publicado no Diario Oficial de Galicia (DOG) e no Boletín Oficial del Estado (BOE).

A eficacia do acto queda supeditada á súa publicación no taboleiro de edictos único do Boletín Oficial del Estado (TEU do BOE).

A interesada poderá comparecer nas oficinas da sede da Dirección Xeral de Pesca, Acuicultura e Innovación Tecnolóxica da Consellería do Mar, sita no Edificio Administrativo San Caetano, s/n, 2º andar, Santiago de Compostela, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres, para o coñecemento íntegro da resolución e constancia de tal coñecemento.

Contra esta resolución, que pon fin á vía administrativa, poderase interpoñer recurso potestativo de reposición ante a conselleira do Mar no prazo dun mes ou recurso contencioso-administrativo ante o órgano competente desta orde xurisdicional no prazo de dous meses, en ambos os casos contados a partir do día seguinte ao da publicación deste anuncio no TEU do BOE.

Santiago de Compostela, 4 de abril de 2017

Mercedes Rodríguez Moreda
Directora xeral de Pesca, Acuicultura e Innovación Tecnolóxica

ANEXO

Expediente: PE627A-2016/0000238.

Persoa interesada: Purificación Padín Mayán.

Establecemento afectado: parque de cultivo nº 14-A (5515) O Carril.

Acto de notificación: resolución pola que se autoriza para realizar a primeira venda de produtos pesqueiros dos que non sexa obrigada a súa primeira venda en lonxa.

Último enderezo coñecido: Sta. Lucía, 34, Dena 36967 Meaño, Pontevedra.