Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 76 Xoves, 20 de abril de 2017 Páx. 18661

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Mar

ANUNCIO do 4 de abril de 2017, da Xefatura Territorial da Coruña, polo que se notifica o inicio do expediente PSC-FE-0019/2017-PPM e seis máis.

De conformidade co disposto nos artigos 44 e 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (BOE núm. 236, do 2 de outubro), despois de ser intentada sen éxito a notificación persoal a través do servizo de Correos, notifícase ás persoas interesadas que se sinalan no anexo deste anuncio, o inicio do expediente PSC-FE-0019/2017-PPM e seis máis.

A eficacia do acto queda supeditada á súa publicación no taboleiro de edictos único do Boletín Oficial del Estado, polo que o prazo para presentar alegacións computarase desde esa publicación.

As persoas interesadas poderán comparecer nas oficinas da sede da Xefatura Territorial da Consellería do Mar, sitas na avenida Gerardo Harguindey Banet, 2, Viveiro, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres, para o coñecemento íntegro do acordo de inicio e constancia de tal coñecemento.

O procedemento desenvolverase de conformidade co principio de acceso permanente. Para estes efectos, en calquera momento do procedemento, as persoas interesadas teñen dereito a coñecer o seu estado de tramitación e a acceder e obter copias dos documentos contidos nel, de acordo co artigo 53.1.a) da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

Sen prexuízo do anterior, as persoas interesadas dispoñen dun prazo de 15 días para presentar cantas alegacións, documentos ou informacións consideren pertinentes e, se é o caso, propoñer proba concretando os medios de que pretendan valerse, segundo o disposto no artigo 64.2.f) da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

De non efectuar alegacións sobre o contido da iniciación do procedemento no prazo anteriormente citado, a iniciación poderá ser considerada proposta de resolución, cos efectos previstos para esta no artigo 89.2 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, de conformidade co disposto no artigo 64.2.f) citado.

A Coruña, 4 de abril de 2017

Juan Carlos Barreiro González
Xefe territorial da Coruña

ANEXO

Expediente: PSC-FE-0019/2017-PPM.

Persoa interesada: Daniel Eduardo Mariño.

Acto de notificación: inicio.

Último enderezo coñecido: r/ Armada Española, 11-31, 4º B, Ferrol.

Expediente: PSC-FE-0020/2017-PPM.

Persoa interesada: Jonathan Castiñeira Santos.

Acto de notificación: inicio.

Último enderezo coñecido: r/ Enrique Granados, bl. 41, 4, 1º B, Ferrol.

Expediente: PSC-FE-0043/2017-PRE.

Persoa interesada: Daniel Vázquez Fraga.

Acto de notificación: inicio.

Último enderezo coñecido: lg. Outeiro, s/n, Valdoviño.

Expediente: PSC-FE-0051/2017-PPM.

Persoa interesada: Javier López García.

Acto de notificación: inicio.

Último enderezo coñecido: r/ Salgueiras, Chanteiro, 247, Ares.

Expediente: PSC-FE-0052/2017-PPM.

Persoa interesada: Miguel Cabana Liñeiro.

Acto de notificación: inicio.

Último enderezo coñecido: r/ Rosalía de Castro, 5, 3º dta., Mugardos.

Expediente: PSC-FE-0059/2017-PPM.

Persoa interesada: Valentín Gabarre Silva.

Acto de notificación: inicio.

Último enderezo coñecido: r/ Valdoviño, 7, 1º esda., Ferrol.

Expediente: PSC-FE-0092/2017-PPM.

Persoa interesada: José Ramón Naveiras López.

Acto de notificación: inicio.

Último enderezo coñecido: r/ María Pita, A Gándara, 23-25, 3º esda., Narón.