Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 76 Xoves, 20 de abril de 2017 Páx. 18632

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Infraestruturas e Vivenda

ANUNCIO do 27 de marzo de 2017, do Servizo de Mobilidade de Ourense, polo que se notifican os acordos de incoación de expedientes sancionadores en materia de transportes terrestres devoltos polo servizo de Correos porque, intentada a notificación, non se puido efectuar (expediente OU-00066-O-2017 e catro máis).

A persoa titular do Servizo de Mobilidade de Ourense acordou a incoación dos expedientes sancionadores número OU-00066-O-2017 e catro máis por infracción da normativa sobre transporte terrestre.

Intentada a notificación do acordo de incoación por correo certificado con xustificante de recepción no domicilio que consta no correspondente expediente sancionador, esta foi devolta polo servizo de Correos. Por este motivo e de conformidade co artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, a notificación efectúase por medio dun anuncio publicado no Boletín Oficial del Estado (BOE), que previamente se publica no Diario Oficial de Galicia. En consecuencia, mediante este anuncio notifícanse os acordos de incoación ditados ás persoas interesadas.

Infórmaselles que os expedientes sancionadores se atopan á súa disposición nas oficinas do Servizo de Mobilidade de Ourense.

Outorgáselles un prazo quince días hábiles contado desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio no BOE para alegar o que consideren conveniente, presentando ou propoñendo as probas que consideren oportunas.

No suposto que decida voluntariamente pagar a sanción antes de que transcorran trinta días contados desde o seguinte ao da publicación do presente anuncio no BOE, a súa contía reducirase nun 30 % na forma prevista no artigo 146.3 da Lei 16/1987, do 30 de xullo, de ordenación dos transportes terrestres. A realización do dito pagamento implica a conformidade cos feitos denunciados, a renuncia a formular alegacións por parte da persoa interesada e a terminación do procedemento sancionador.

Ourense, 27 de marzo de 2017

Ángel Míguez López
Xefe do Servizo de Mobilidade de Ourense

ANEXO

Expediente

Matrícula

Denunciado

DNI/CIF

Infracción denunciada

Data-hora-estrada-p.q.

Precepto

cualificador

Precepto sancionador

Sanción proposta

OU-00066-O-2017

3189-DXT

Macías Diéguez, Félix

34269283L

A manipulación do tacógrafo ou dalgún dos seus elementos, así como a doutros instrumentos ou medios de control que exista a obrigación de levar instalados no vehículo, con obxecto de alterar o seu funcionamento ou modificar as súas medicións.

18.11.2016; 20.47; OU0514; 1,0

Art. 140.10 LOTT

Art. 143.1.i) LOTT

4.001 euros

OU-00096-O-2017

PO-0847-BK

Jit Ibérica Express, S.L.

B36517399

Non levar a bordo do vehículo o título habilitante ou a documentación formal que acredite a posibilidade legal de prestar o servizo.

18.11.2016; 10.04; N525; 246,1

Art. 142.8 LOTT

Art. 143.1.b) LOTT

201 euros

OU-00134-O-2017

OU-5550-U

Granitos Seoane, S.L.

B32252066

Realizar transporte privado de mercadorías utilizando un condutor que carece do CAP.

9.12.2016; 16.43; N525; 210,0

Art. 140.18 LOTT

Art. 143.1.h) LOTT

2.001 euros

OU-00203-O-2017

4429-FSK

Enfortrucks Pfg, S.L.

B32464794

A condución durante mais de cinco horas, aínda que sen superar as seis, sen respectar as pausas regulamentariamente exixidas. Superior a 5 horas e inferior ou igual a 6 horas.

26.12.2016; 19.36; A52; 203,0

Art. 141.24.3 LOTT

Art. 143.1.d) LOTT

401 euros

OU-01627-O-2016

8269-CHX

Explotación Agraria Roymi, S.L.

B94118197

A realización de transportes públicos de mercadorías, así como a contratación como carrexador ou a facturación en nome propio de servizos de transporte, carecendo da autorización, sempre que se acredite que no momento de realizalos ou contratalos, se cumprían todos os requisitos exixidos para a súa obtención e que esta se solicitou dentro dos 15 días seguintes á notificación do inicio do expediente.

3.10.2016; 12.50; A52; 203,0

Art. 142.1 LOTT

Art. 143.1.c) LOTT

301 euros