Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 76 Xoves, 20 de abril de 2017 Páx. 18620

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela

EDICTO (48/2017).

Eu, Susana Varela Amboage, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela, fago saber que no procedemento de execución de títulos xudiciais 48/2017 deste xulgado do social, seguido por instancia de Mª Pilar Míguez Camino contra a empresa Asociación Profesional de Xóvenes Agricultores de Galicia, Asociación de Xestión e Aconsellamento Integral, Asociación de Mujeres y Familias del Ámbito Rural Gallego, Asociación de Propietarios Rurales y Productores de Caza de Galicia, Asociación Profesional de Selvicultores de Galicia e Asociación para el Fomento de la Riqueza Forestal de Galicia, sobre reclamación de cantidade, se ditaron Auto e Decreto do 24 de marzo de 2017 cuxa parte dispositiva é do teor literal seguinte:

Parte dispositiva do auto:

«Parte dispositiva:

Dispoño despachar orde xeral de execución a favor da parte executante, María Pilar Míguez Camino, contra a Asociación Profesional de Xóvenes Agricultores de Galicia (Asaja), Asociación de Xestión e Aconsellamento Integral, Asociación de Mujeres y Familias del Ámbito Rural Gallego, Asociación de Propietarios Rurales y Productores de Caza de Galicia (Aproca), Asociación de Selvicultores de Galicia e Asociación para el Fomento de la Riqueza Forestal de Galicia-Afrifoga, parte executada, en forma solidaria, por importe de 5.847,35 euros en concepto de principal máis outros 1.391,41 euros en concepto de xuros de mora, e 723,87 euros que se fixan provisionalmente en concepto de xuros que, de ser o caso, se poidan devindicar durante a execución e as custas desta, sen prexuízo da súa posterior liquidación.

Este auto, xunto co decreto que ditará a letrada da Administración de xustiza, e copia da demanda executiva, serán notificados simultaneamente á parte executada, tal e como dispón o artigo 553 da Lei de axuizamento civil (LAC), quedando a executada apercibida para os efectos mencionados nos razoamentos xurídicos terceiro e cuarto desta resolución, e conforme dispoñen os artigos 251.2 e 239.3 da Lei reguladora da xurisdición social (LXS).

Contra este auto poderase interpoñer recurso de reposición, ante este órgano xudicial, no prazo dos tres días hábiles seguintes ao da súa notificación, no cal, ademais de alegar as posibles infraccións en que podería incorrer a resolución e o cumprimento ou incumprimento dos presupostos e requisitos procesuais exixidos, se poderá deducir a oposición á execución despachada, aducindo pagamento ou cumprimento documentalmente xustificado, prescrición da acción executiva ou outros feitos impeditivos, extintivos ou excluíntes da responsabilidade que se pretenda executar, sempre que acaecesen con posterioridade á súa constitución do título; a compensación de débedas non será admisible como causa de oposición á execución.

Se o recorrente non tiver a condición de traballador ou beneficiario do réxime público da Seguridade Social, deberá consignar a cantidade de 25 euros en concepto de depósito para interpor recurso, na conta de consignacións do Xulgado do Social número 3 aberta en Banco Santander, conta nº 5076 0000 64 0048 17. Se o ingreso se fai mediante transferencia bancaria, deberase ingresar na conta número 000493569920005001274 e no campo “Concepto” deberá indicar o número de conta 5076 0000 64 0048 17. Se efectúa diversos pagamentos na mesma conta, deberá especificar un ingreso por cada concepto, mesmo se obedecen a outros recursos da mesma ou distinta clase, indicando no campo “Observacións” a data da resolución impugnada utilizando o formato dd/mm/aaaa. Quedan exentos do seu aboamento, en todo caso, o Ministerio Fiscal, o Estado, as comunidades autónomas, as entidades locais e os organismos autónomos dependentes deles.

Así o acorda e asina SSª. Dou fe.

A maxistrada xuíza. A letrada da Administración de xustiza».

E a parte dispositiva do decreto:

«Parte dispositiva:

Para dar efectividade ás medidas concretas solicitadas, acordo:

– Requirir de pagamento a Asociación de Xestión e Aconsellamento Integral, Asociación de Propietarios Rurales y Productores de Caza de Galicia-Aproca, Asociación de Selvicultores de Galicia e Asociación para el Fomento de la Riqueza Forestal de Galicia-Afrifoga, pola cantidade reclamada de 5.847,35 euros de principal máis 1.391,41 euros en concepto de xuros de mora, e 723,87 euros que provisionalmente se orzan para xuros, gastos e custas. Se non paga no prazo de dez días, ingresándoo na conta deste xulgado aberta no Banco Santander co número 5076 0000 64 0048 17, procederase ao embargo dos seus bens na medida suficiente para responder pola cantidade pola cal se despachou execución máis as custas desta.

– Requirir a Asociación de Xestión e Aconsellamento Integral, Asociación de Propietarios Rurales y Productores de Caza de Galicia-Aproca, Asociación de Selvicultores de Galicia e a Asociación para el Fomento de la Riqueza Forestal de Galicia-Afrifoga, co fin de que no prazo de dez días manifesten relacionadamente bens e dereitos suficientes para cubrir a contía da execución, con expresión, de ser o caso, das cargas e gravames, así como, no caso de inmobles, se están ocupados, por que persoas e con que título, baixo apercibimento de que, en caso de non verificalo, poderán ser sancionados, cando menos, por desobediencia grave, no caso de que non presenten a relación dos seus bens, inclúan nela bens que non sexan seus, exclúan bens propios susceptibles de embargo ou non desvelen as cargas e gravames que sobre eles pesaren, e poderán impoñérselles tamén multas coercitivas periódicas.

En relación coa Asociación Profesional de Xóvenes Agricultores de Galicia-Asaja e Asociación de Mujeres y Familias del Ámbito Rural Gallego, e dado que consta a súa insolvencia anterior, únese testemuño e no seu momento acordarase.

Póñase en coñecemento do Rexistro Público Concursal o ditado do Auto do 24 de marzo de 2017 polo que se despacha execución, con expresa especificación do número de identificación fiscal do debedor contra o cal se despachou execución (artigo 551.3. epígrafe final).

Notifíqueselles ás partes, ás executadas por medio de edictos no DOG, e fágaselles saber que, en aplicación do mandato contido no artigo 53.2 da LXS, no primeiro escrito ou comparecencia ante o órgano xudicial, as partes ou interesados e, de ser o caso, os profesionais designados, sinalarán un domicilio e datos completos para a práctica de actos de comunicación. O domicilio e os datos de localización facilitados con tal fin producirán plenos efectos e as notificacións tentadas neles sen efecto serán válidas mentres non sexan facilitados outros datos alternativos, e será carga procesual das partes e dos seus representantes mantelos actualizados. Así mesmo, deberán comunicar os cambios relativos ao seu número de teléfono, fax, enderezo electrónico ou similar, sempre que estes últimos estean a ser utilizados como instrumentos de comunicación co tribunal.

Modo de impugnación. Contra esta resolución cabe recurso directo de revisión, que se deberá interpoñer ante este órgano xudicial no prazo de tres días hábiles. Se o recorrente non tiver a condición de traballador ou beneficiario do réxime público da Seguridade Social, deberá consignar a cantidade de 25 euros en concepto de depósito para interpor recurso, na conta de consignacións do Xulgado do Social número 3 aberta en Banco Santander, conta nº 5076 0000 64 0048 17. Se o ingreso se fai mediante transferencia bancaria, deberase ingresar na conta número 000493569920005001274 e no campo “Concepto” deberá indicar o número de conta 5076 0000 64 0048 17. Se efectúa diversos pagamentos na mesma conta, deberá especificar un ingreso por cada concepto, mesmo se obedecen a outros recursos da mesma ou distinta clase, indicando no campo “Observacións” a data da resolución impugnada utilizando o formato dd/mm/aaaa. Quedan exentos do seu aboamento, en todo caso, o Ministerio Fiscal, o Estado, as comunidades autónomas, as entidades locais e os organismos autónomos dependentes deles.

Así o acorda e asina SSª. Dou fe.

A letrada da Administración de xustiza».

Advírteselles ás destinatarias que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial.

Para que lles sirva de notificación a Asociación Profesional de Xóvenes Agricultores de Galicia (Asaja), Asociación de Xestión e Aconsellamento Integral, Asociación de Mujeres y Familias del Ámbito Rural Gallego, Asociación de Propietarios Rurales y Productores de Caza de Galicia (Aproca), Asociación de Selvicultores de Galicia e Asociación para el Fomento de la Riqueza Forestal de Galicia-Afrifoga, expido este edicto.

Santiago de Compostela, 24 de marzo de 2017

A letrada da Administración de xustiza