Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 75 Mércores, 19 de abril de 2017 Páx. 18547

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Lugo

ANUNCIO da aprobación definitiva do estudo de detalle (ampliación) do CEIP As Mercedes, sito entre as rúas Montirón e Novo Freire, promovido pola Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria.

O Concello Pleno, en sesión que tivo lugar o día 24 de novembro de 2016, acordou aprobar definitivamente o estudo de detalle formulado para a ordenación de volumes (ampliación) do CEIP As Mercedes, sito entre as rúas Montirón e Novo Freire, promovido pola Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria da Xunta de Galicia.

O contido íntegro do documento aprobado poderase consultar no seguinte enderezo electrónico: http://lugo.gal/gl/actuacions/normativa-urbanistica

Así mesmo, faise constar que, unha vez publicado este anuncio, se lle remitirá á Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio unha copia dilixenciada, en soporte dixital, do documento aprobado definitivamente, para os efectos previstos nos artigos 82.4 e 88.3 da Lei 2/2016, do solo de Galicia.

Contra este acordo, que é definitivo en vía administrativa, poderase interpor, no prazo de dous meses, recurso contencioso-administrativo, ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, sen prexuízo de que se poida exercer, se é o caso, calquera outro recurso que se considere procedente.

Lugo, 31 de marzo de 2017

A alcaldesa
P.D. (Decreto 16008543)
Xosé Daniel Piñeiro Villares
Tenente alcalde delegado da Área de Desenvolvemento
Sostible e Persoal

Carolina Álvarez López
Secretaria xeral do Pleno accidental