Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 75 Mércores, 19 de abril de 2017 Páx. 18548

VI. Anuncios

b) Administración local

Consello Municipal de Deportes de Ourense

ANUNCIO de licitación para a contratación das obras de reposición e mellora de céspede artificial e rega do campo de fútbol de Oira.

1. Entidade adxudicadora:

a) Organismo: Consello Municipal de Deportes (CMD).

b) Dependencia que tramita o expediente: Consello Municipal de Deportes (CMD).

c) Número de expediente: CMD/2/2017.

2. Obxecto do contrato:

a) Tipo: obras.

b) Descrición: contratación, mediante procedemento aberto, tramitación anticipada, con varios criterios de adxudicación, das obras de reposición e mellora de céspede artificial e rega do campo de fútbol de Oira.

c) Lugar de execución: Ourense.

d) Prazo de execución: dous (2) meses.

e) (CPV) 39293400-6 céspede artificial.

3. Tramitación e procedemento:

a) Tramitación: ordinaria.

b) Procedemento: aberto e tramitación anticipada.

c) Criterio de adxudicación e ponderación:

Oferta económica: ata 85 puntos.

Redución do prazo das obras: ata 15 puntos.

4. Orzamento base de licitación: 216.281,79 € e o IVE.

5. Garantías exixidas: definitiva do 5 % do orzamento base de adxudicación.

6. Obtención de documentación e información:

a) Dependencia: Consello Municipal de Deportes (CMD)

b) Domicilio: avenida Pardo de Cela, nº 2.

c) Localidade e código postal: Ourense, 32003.

d) Teléfono: 988 37 05 39.

e) Telefax: 988 37 07 27.

f) Correo electrónico: administrador@deportesourense.com

g) Enderezo da internet do perfil do contratante: www.deportesourense.com

7. Requisitos específicos do contratista:

a) Clasificación: non é preciso.

b) Solvencia técnica e económica: a sinalada no artigo 6 do prego de cláusulas administrativas particulares.

8. Presentación de ofertas:

a) Data límite de presentación: vinte e seis (26) días naturais desde o día seguinte ao da publicación no DOG e no BOP de Ourense.

b) Modalidade de presentación: segundo o artigo 7 do prego de cláusulas administrativas particulares.

c) Lugar de presentación:

1º. Dependencia: Rexistro do Consello Municipal de Deportes (CMD).

2º. Domicilio: avenida Pardo de Cela, nº 2.

3º. Localidade e código postal: Ourense, 32003.

4º. Horario: das 9.00 ás 14.00 horas.

9. Apertura de ofertas:

a) Lugar: sala de xuntas do Consello Municipal de Deportes de Ourense.

b) Enderezo: avenida Pardo de Cela, nº 2.

c) Localidade e código postal: Ourense, 32003.

d) Data e hora: segundo a convocatoria no perfil do contratante do CMD.

10. Gastos de publicidade: serán por conta do adxudicatario.

Ourense, 24 de marzo de 2017

José Mario Guede Fernández
Presidente do Consello Municipal de Deportes de Ourense