A Xunta de Goberno local deste concello, en sesión celebrada o 31 de marzo de 2017, acordou aprobar a convocatoria e as bases reguladoras para a cobertura da praza vacante que se sinala a seguir, incluida na oferta de emprego público para o ano 2017, aprobada por Resolución da Alcaldía do 8 de marzo de 2017 e publicada no Boletín Oficial da provincia de Pontevedra número 51, do 14 de marzo, e Diario Oficial de Galicia número 61, do 28 de marzo:
Persoal funcionario:
– Grupo segundo artigo 76 e disposición transitoria terceira do Real decreto lexislativo 5/2015, do 30 de outubro: C.
– Subgrupo segundo o artigo 24.1.c) da Lei 4/2007, do 20 de abril: C1.
– Clasificación: escala de Administración especial, subescala de servizos especiais.
– Escala segundo o artigo 24.1.c) da Lei 4/2007, do 20 de abril: básica.
– Categoría: policía local.
– Número de vacantes: 1.
Deste modo establécese un prazo de vinte días naturais para a presentación de instancias, prazo que comezará a contarse dende a inserción do anuncio no Boletín Oficial del Estado.
As bases relativas atópanse publicadas no Boletín Oficial da provincia de Pontevedra número 71, do 11 de abril de 2017.
A Illa de Arousa, 11 de abril de 2017
Carlos Iglesias Cores
Alcalde