De conformidade co acordo adoptado polo Pleno o día 6 de abril de 2017, por medio deste anuncio efectúase a convocatoria do procedemento aberto, oferta economicamente máis ventaxosa, con varios criterios de adxudicación, para a adxudicación da xestión indirecta, mediante concesión, do servizo de abastecemento domiciliario de auga potable do municipio de Cartelle (Ourense), conforme os seguintes datos:
1. Entidade adxudicadora.
a) Organismo: Concello de Cartelle.
b) Dependencia que tramita o expediente: Secretaría.
2. Obxecto do contrato.
a) Descrición do obxecto: servizo de abastecemento domiciliario de auga potable do municipio de Cartelle (Ourense).
b) Lugar de execución: concello de Cartelle.
c) Duración do contrato: 15 anos.
d) Clasificación exixida: non se exixe.
3. Tramitación e procedemento.
a) Tramitación: ordinaria.
b) Procedemento: aberto.
4. Garantías. Provisional: no se exixe. Definitiva: 107.748,48 euros.
5. Obtención de documentación e información.
a) Entidade: Concello de Cartelle.
b) Domicilio: praza Toxal, 1.
c) Localidade e código postal: Cartelle 32824.
d) Teléfono: 988 49 11 20.
e) Fax: 988 48 58 81.
f) Email: concello.cartelle@eidolocal.es
g) Data límite de obtención de documentos e información: ás 14.00 horas do último día de presentación de ofertas. Se este for sábado, domingo ou festivo, prorrogarase ao día seguinte hábil distinto de sábado.
6. Requisitos específicos do contratista: os establecidos na cláusula VIII do prego de cláusulas administrativas particulares (en diante PCAP).
7. Criterios de adxudicación: os que figuran na cláusula XIII do PCAP.
• Subvención anual solicitada polo licitador, ata un máximo de 50 puntos.
• Proposta técnica, de 0 a 10 puntos.
8. Presentación das ofertas.
a) Prazo de presentación de ofertas: 26 días naturais, que se contarán desde a publicación no DOG.
b) Documentación que se presentará: a establecida na cláusula IX do PCAP.
c) Lugar de presentación: Rexistro Xeral do Concello de Cartelle, das 9.00 ás 14.00 horas, ou por correo, na forma indicada no artigo 80.4 do Regulamento xeral de contratos do Estado. Cando o último día para a presentación de ofertas coincida en sábado ou en día inhábil, o prazo entenderase prorrogado ata o primeiro día hábil seguinte.
9. Apertura das ofertas: segundo cláusula XII do PCAP.
10. Gastos de anuncios: a cargo do adxudicatario, ata un importe máximo de 1.500,00 euros.
11. Perfil do contratante onde figuran as informacións relativas á convocatoria e onde se poden obter os pregos de cláusulas administrativas particulares, o prego de prescricións técnicas particulares e o proxecto de explotación: www.depourense.es
Cartelle, 6 de abril de 2017
Carmen Leyte Coello
Alcaldesa