De conformidade co Acordo da Xunta de Goberno Local, do 13 de marzo de 2017, e por medio deste anuncio, efectúase a convocatoria de procedemento aberto, oferta máis vantaxosa, varios criterios de adxudicación, do servizo de conciliación da vida laboral e familiar do concello do Carballiño Bo día familia, conforme os seguintes datos:
1. Entidade adxudicataria:
a) Organismo: Concello do Carballiño.
b) Dependencia que tramita o expediente: Servizos Sociais.
2. Obxecto do contrato:
a) Descrición do obxecto: servizo de conciliación da vida familiar, laboral e persoal, lecer e tempo libre durante as horas previas á xornada escolar, destinadas a nenas e nenos escolarizados, de 3 a 12 anos, do concello do Carballiño.
b) Lugar de execución: Praza Maior, 1.
c) Prazo de execución: a duración do contrato será de dous anos (2) desde a súa formalización, con prórrogas anuais ata un máximo de tres anos.
3. Tramitación e procedemento:
a) Tramitación: normal.
b) Procedemento: aberto.
4. Orzamento base da licitación:
a) Importe: 36.890,26 euros (IVE incluído).
5. Garantía: provisional: non se exixe.
6. Garantía definitiva: 5 % do importe de adxudicación, excluído o IVE.
7. Obtención de documentación e información:
a) Entidade: Concello do Carballiño.
b) Enderezo: Praza Maior, 1.
c) Localidade e código postal: O Carballiño 32500.
d) Teléfono: 988 53 00 07.
e) Telefax: 988 53 00 08.
8. Requisitos específicos do contratista:
a) Solvencia económica: de acordo co establecido no artigo 75.1.a) do texto refundido da Lei de contratos do sector público (TRLCSP), acreditarase polo volume anual de negocio.
b) Solvencia técnica: de acordo co establecido no artigo 78.1 do TRLCSP, acreditarse mediante a presentación dunha relación dos servizos realizados durante os últimos cinco anos.
9. Presentación das solicitudes de participación:
a) Data límite de presentación: rematará aos quince (15) días hábiles a partir do día seguinte ao da última publicación deste anuncio no BOP, no DOG ou no perfil do contratante, das 8.30 ás 14.00 horas, de luns a venres.
b) Documentación que cómpre presentar: a que se especifica na cláusula 10 dos pregos de cláusulas administrativas particulares.
c) Lugar de presentación: Concello do Carballiño.
d) Prazo durante o cal o licitador estará obrigado a manter a oferta: ata a adxudicación definitiva.
10. Apertura de proposicións: deberá ser realizada pola mesa de contratación no prazo máximo dun mes desde o remate do prazo de presentación de proposicións.
11. Outras informacións: véxanse os pregos de cláusulas administrativas.
12. Gastos dos anuncios: serán por conta do adxudicatario.
13. Perfil do contratante onde figuran as informacións relativas á convocatoria e onde se poden obter os pregos: www.carballino.gal
O Carballiño, 16 de marzo de 2017
Francisco J. Fumega Piñeiro
Alcalde