Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 75 Mércores, 19 de abril de 2017 Páx. 18539

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Abegondo

ANUNCIO da aprobación da oferta de emprego público (oficial de medio ambiente).

Mediante o Decreto da Alcaldía 2016/G003/000061 foi aprobada a oferta de emprego público.

No Boletín Oficial da provincia da Coruña núm. 236, do 15 de decembro de 2016, aparecen publicadas as bases xerais do proceso selectivo para a praza de oficial de medio ambiente.

No Boletín Oficial da provincia da Coruña núm. 55, do 22 de marzo de 2017, aparecen publicadas as bases específicas reguladoras da convocatoria do proceso de selección de persoal laboral fixo, mediante sistema de concurso-oposición, para o acceso á praza vacante de oficial de medio ambiente.

Abegondo, 23 de marzo de 2017

José Antonio Santiso Miramontes
Alcalde